O Concello de Pamplona e a Asociación REAS impulsarán a creación dunha cooperativa de crédito de Banca Ética

EP – Venres, 28 de Xuño de 2013

A concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade do Concello de Pamplona, Ana Lezcano, e a presidenta da Asociación Reas Navarra, Idoya Gárate, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a banca ética ‘Fiare’ entre os cidadáns. Esta iniciativa financeira pretende fomentar o desenvolvemento económico da sociedade mediante a creación dunha cooperativa de crédito de Banca Ética.

memo 2012PAMPLONA. Durante 2013, o Concello subvencionará con 6.000 euros os gastos de persoal e material do proxecto de banca ética ‘Fiare’, segundo informou o Consistorio pamplonés, que indicou que a asociación REAS Navarra encargarase de realizar charlas sobre a iniciativa a entidades sociais, culturais e educativas, públicas e privadas.

Así mesmo, encargarase de levar a cabo un programa de difusión e promoción, coordinación, seguimento e realización de contidos, artigos e notas de prensa para os medios de comunicación, así como actualizar a información sobre o proceso de creación da banca ética ‘Fiare’. REAS Navarra será a responsable da dirección, xestión e organización de todas as actividades que promova.

Actualmente forman parte do proxecto 337 entidades do Estado español. Desde o ano 2011 o Concello de Pamplona colabora con REAS na difusión deste proxecto.

Segundo recolle o convenio, a actividade financeira é peza fundamental para o desenvolvemento da cidadanía. Este desenvolvemento non sempre se produce en termos de equilibrio social, xustiza e equidade. Por iso, na última época xurdiron institucións financeiras de banca ética de base cooperativa ou fundacional, cuxo obxectivo é o financiamento da economía social e solidaria.

Fonte: Noticias de Navarra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: