Trabensol abre as súas portas

Trabensol abre as súas portas O sábado 29 de xuño pola mañá a cooperativa de vivendas Trabensol abriu as súas portas e inaugurou de forma oficial o seu novo fogar. 54 vivendas con zonas comúns para compartir e acompañarse na etapa de xubilación. Esta iniciativa de forma de consumo colaborativa suscitou moito interese cara a novos grupos que están a pór en marcha alternativas de vivenda compartida.

Na inauguración asistiu o alcalde de Torremocha de Jarama e algúns/algunhas veciños/as e persoas que estiveron implicados/as no proxecto ao longo destes anos.

Foi un día moi emocionante por ver feito realidade un soño e ilusión que tantos anos de dedicación levou para todas as persoas implicadas. Mostráronse moi agradecidos con Fiare pola confianza e apoio entregado durante todo este tempo. Un dos comentarios que destacaron foi que traballar con Fiare foi a mellor entidade pola que puideron apostar ademais de forma unánime.

O equipo de arquitectos ensinou todo o complexo aos asistentes e organizouse un aperitivo para compartir os eixos do proxecto.

Desde Fiare apoiouse este proxecto pola súa forma alternativa de satisfacer a necesidade de vivenda e coidados valorando de forma positiva o crédito solicitado en base a:

1.- O valor social que achega o proxecto é importante, porque ademais de resolver unha necesidade da poboación maior, propón un modelo de convivencia no que se fomentan valores culturais, de autoxestión e solidariedade.

2.- O feito de que varias persoas comprometidas activamente nesta cooperativa proveñan de experiencias interesantes no ámbito cooperativista, como poden ser Trabenco e Trabensur, dá certa fortaleza á entidade.

3.- Do mesmo xeito, o compromiso individual activo “militante” de moitos socios/as noutras organizacións do terceiro sector, é outro punto a destarcar.

4.- O seu desexo de ser un proxecto con forte impacto e compromiso coa localidade na que estará situado o proxecto, é un valor social a resaltar.

5.- O compoñente innovador do proxecto, xunto co seu estilo de autoxestión, pode ser un exemplo a replicar noutras experiencias.

6.- Trabensol e moitas das súas persoas socias participan de forma activa en Fiare, sendo ademais membros activos do GIT de Madrid.

Se fas clic na imaxe, a partir do minuto 11:35 falan da cooperativa Trabensol.

finanzaseticas-DocTVFonte: www.proyectofiare.com

Artigo relacionado: “La república de los abuelos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: