Fiare-BpE, un proxecto moi real que segue a medrar connosco!

Xornada do venres, 28 de xuño de 2013.

Xornada do venres, 28 de xuño de 2013.

Hai unha semana tivemos dúas xornada formativas para poder seguir ao día no que se está movendo en Fiare-BpE. O venres 28 de xuño de 2013, ás 19:00 horas e o sábado 29 de xuño de 2013 ás 10:00 horas participamos en dúas xornadas formativas con Alberto da oficina de Bilbao no local social de Panxea.

Falamos do papel dos GITs (Grupos de Iniciativa Territorial) na operativa bancaria, dos produtos de aforro e doutro tipo que se poderán ofertar, do capital social, da avaliación ético-social dos proxectos, da relación coas persoas responsables da concesión de crédito…  para así estar totalmente preparados/as nesta nova etapa na que seguimos en camiño cara a fusión de Fiare coa Banca Popolare Etica (BpE).  Todo isto está sendo construído desde a base das persoas socias que somos Fiare.

Xornada do sábado, 29 de xuño de 2013.

Xornada do sábado, 29 de xuño de 2013.

Asistimos nas dúas sesións varias persoas socias que desexabamos coñecer os pasos que se están a dar neste proceso no que nos atopamos.  O diálogo foi moi enriquecedor. Todo o aprendido, contrastado, preguntado… será revertido no noso quefacer en Fiare polo que con forzas renovadas seguiremos na construción deste proxecto tan ilusionante. Moitas grazas Alberto!

Ademais a continuación, puidemos asistir, participar, opinar, … na reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza para seguir preguntando, respostando, contrastando, debatendo, coordinándonos, traballando, propoñendo e coñecendo este proxecto tan interesante no que estamos implicados/as.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: