Fendas no muro XXV: Banca Ética na Universidade

demana_banca_etica-150x150A Banca Ética é unha realidade amplamente coñecida por todas aquelas persoas que se arriscan e pensan que poden cambiar da súa vida cotiá para apoiar a transición cara a un sistema económico e financeiro máis xusto e solidario.

Desde o inicio da crise, a Banca Ética creceu a pasos axigantados. O aforro xestionado polas entidades de finanzas éticas multiplicouse por sete, crecendo o último ano (2012) nun 60% e chegando aos case 1.000 millóns de euros (Barómetro das Finanzas Éticas e Solidarias).

Aínda que a Banca Ética conta xa con máis de 100.000 usuarios en España, aínda ten un longo percorrido para converterse en alternativa que, polo seu volume e base social, poida mirar de “ti a ti” á banca comercial. Unha verdadeira loita do David das boas intencións contra o Goliat de intereses económicos amplos con moita capacidade de manobra e intrusismo político e con altas doses de corrupción, amiguismo e falsa transparencia.

Para continuar ampliando esta base de xente convencida e transformadora, nace a campaña “Pide Banca Ética” (“Demana Banca Ética”). Promovida en Catalunya por SetemFets e Justícia i Pau, quere facer chegar a proposta da Banca Ética a toda a comunidade educativa do ámbito universitario.

Conscientes que até a data todos os carnés emitidos por universidades están vinculados a algún banco ou caixa tradicional, propoñen unha campaña de sensibilización e concienciación para que a xestión de servizos financeiros da universidade (bolsas, tarxetas universitarios, etc.) sexan feitas a través de Banca Ética.

O pasado mes de xuño gañaron a súa primeira batalla. O Campus Universitario Manresa (que agrupa a varias universidades catalás), sacou a primeira tarxeta universitaria que promove a Banca Ética. Unha pequena fenda dunha campaña que acerta na proposta e no público ao que vai dirixida e que debería mirar de ser replicada en moitos outros lugares.

Para máis información – Web da campaña “Demana Banca Ética(en catalán).

Fonte: El Bloc de Cristianisme i Justícia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: