As Socias de Referencia de Banca Ética

Xullo, 2013

A semana pasada tivo lugar en Roma a primeira reunión coas novas Socias de Referencia de Banca Popolare Etica (BpE, Banca Ética). Na Asemblea de maio do 2013, aprobouse este concepto que pretende ampliar o de Socias Fundadoras con aquelas organizacións comprometidas no desenvolvemento dunha banca ética ao servizo das entidades. O encontro serviu para oficializar a ampliación da Mesa de Socias Fundadoras a Socias de Referencia coa entrada de Cáritas italiana, Legambiente, Libera e a Fundación Fiare, socia de referencia a nivel estatal español.

A Mesa ten como obxectivo engadir un ámbito de traballo máis institucional con todas as partes interesadas para contribuír á gobernabilidade democrática da cooperativa e sobre todo coas organizacións de maior tamaño. Actualmente BpE organízase en 70 grupos locais (GITs) organizados a nivel territorial, 4 Áreas no territorio italiano e a área Fiare no territorio español, cada un co seu Fórum de Área, 1 Comité de Ética por país e o Consello de Administración da cooperativa.

As 19 organizacións presentes na Mesa reivindicaron o papel tan importante que ten a construción dunha iniciativa no sector das finanzas que xoga unhas regras moi diferentes á banca convencional sobre todo tendo en conta ás persoas e proxectos aos que ofrece servizos e quen son os seus clientes e socios. Practicamente BpE ofrece servizos en toda Italia e co obxectivo de que o 2014 sexa o ano de ampliación no territorio español.

Como lembran as fundadoras de Banca Ética é un soño feito realidade e o símbolo dunha economía capaz de desenvolver o enorme potencial da acción colectiva, a produción e distribución local e a xeración dun traballo respectuoso coas persoas.

As entidades Socias Fundadoras de Banca Ética en Italia foron: ACLI, AGESCI, Asociación de tendas polo comercio xusto, AIAB, CGM, CISL, Cooperativa Oltramare, Cooperación co Terceiro Mundo (CTM-ALTROMERCATO), FIBA CISL, EMMAUS ITALIA grupo Abele, MAG2 finanzas Milano, MAG finanzas Venecia, MANITESE, OVERSEAS e UISP.

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: