Tres boas razóns para reforzar a Economía Solidaria!

O proxecto Bioeskola ve a luz

Lugar da noticia: Zamudio

A semana pasada [a terceira do mes de xullo] deuse definitivamente luz verde ao proxecto Bioeskola proposto por Emaús Bilbao, coa firma do convenio de colaboración entre a nosa organización, Obra Social BBK, Parque Científico e Tecnolóxico de Bizkaia, Osakidetza-Rede de Saúde Mental de Bizkaia, Concello de Zamudio e Innovasque.

Bioeskola nace do interese por parte de Emaús Bilbao de seguir abordando o problema da inclusión socio-laboral a través de actividades que se poidan levar a cabo en mercados con marxe de crecemento e sempre apostando pola innovación social.

O obxectivo deste proxecto é o de producir produtos de orixe ecolóxica, comercializalos dentro do propio parque tecnolóxico e realizar actividades de sensibilización co medio ambiente ademais de por suposto dar unha saída a persoas en situación ou risco de exclusión socio-laboral. Estas persoas van ser derivadas da Rede de Saúde Mental de Bizkaia-Osakidetza e serán 12 homes e 12 mulleres que poderán mellorar o seu nivel de empleabilidad.

O horto ecolóxico constará de 2 parcelas de 30000m cadrados, cedidas a Emaús Bilbao por parte do Parque Científico e Tecnolóxico de Bizkaia e nelas construiranse 10 invernadoiros ademais de aulas de formación entre outros equipamentos. Tamén se porá en marcha unha aula formativa en Bioeskola BBK que terá a función de sensibilizar aos colexios de Bizkaia sobre este tipo de produción.

Fonte: Emaus Bilbao

Unha historia

Dentro da campaña ECOSOLIDARITZA’T, a XES publicou e difundiu por correo electrónico e redes sociais a historia que vos explicamos a continuación. Animamos a todos a reproducila polos seus propios medios.

Unha consumidora vaise a comprar un libro, por exemplo. Pero decide non compralo nunha gran cadea, das que venden libros como longanizas, senón que se achega a unha pequena libraría cooperativa. E toma unha segunda decisión: non pagará o libro con euros senón con ecosols, a moeda catalá da economía solidaria. Comprounos á Xarxa d’Economia Solidària a un cambio vantaxoso: 55 ecosols por 50 euros.

As libreiras que acaban de vender o libro aproveitan os ecosols que teñen nas súas mans para comprar o xantar nunha cooperativa de consumo ecolóxico. E estes ecosols, que agora están na cooperativa de consumo, usaranse para enviar un paquete cunha cooperativa de servizos de mensaxería sustentable, a cal utilizaraos para pagar o seu seguro ético anual e tamén para pagar unha factura de luz a unha cooperativa de enerxía verde… así, sucesivamente, ata que un día volverán á consumidora que os moveu por primeira vez.

Imaxinas que os ecosols da consumidora que quería un libro comezasen a circular e circular por organizacións da economía solidaria, asociacións e cooperativas que funcionan de maneira democrática, participativa, respectuosa co medio e socialmente responsable? Imaxinas que unha compra tan pequena termine fortalecendo un mercado non capitalista no que poden participar miles de cidadás?

A fórmula existe. Chámase mercado ecosol e estámolo construíndo xuntas. Ti tamén podes participar coas túas ideas ou coas túas achegas.

Máis información

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: