Traballando as vinculacións entre Economía Solidaria e Economía Feminista

Lugar da noticia: Bilbao

Desde o pasado maio REAS Euskadi está a desenvolver un seminario de traballo interno sobre Feminismo e Economía solidaria no que participan 18 persoas en representación de 14 entidades.

Tres son os obxectivos fundamentais que persegue este seminario interno:

– Reflexionar sobre as achegas da Economía Solidaria á Economía Feminista e viceversa (o nivel das teorías)

– Recompilar e analizar prácticas feministas desenvolvidas polas entidades de REAS Euskadi a diferentes niveis (o nivel das prácticas);

– Elaborar unha axenda de traballo para REAS Euskadi e as entidades de cara á creación dun grupo de traballo estable que desenvolva a súa actividade a partir de 2014.

O seminario estruturouse en tres sesións de traballo de 4 horas de duración, das que xa se desenvolveron dúas (maio e xuño) quedando pendente a sesión de outubro onde se pechará un grupo de traballo estable de REAS Euskadi e perfilarase a axenda de traballo deste grupo para 2014.

Os seminarios contan coa participación de Mertxe Larrañaga, Yolanda Jubeto e María Diez profesoras da UPV/EHU con notable experiencias en diversos proxectos de investigación en temas relacionados coa Economía Feminista e a avaliación con perspectiva de xénero.

Ademais, na segunda sesión do seminario contamos coa colaboración de Leandro Sepúlveda do Centre for Entreprise and Economic Development Research, Middlesex University para presentarnos as experiencias de destacadas empresas sociais de UK dedicadas á xestión de servizos de coidados. Nesta mesma sesión as entidades membro de REAS Euskadi, grupo Servizos Sociais Integrados (SSI) e de Gizatea (Asociación de Empresas de Inserción do País Vasco) Konfia, servizos de conciliación, expuxeron o traballo que veñen desenvolvendo no ámbito dos coidados.

Este proceso de traballo pretende axuntar esforzos co proxecto de investigación -impulsado polo Departamento de Economía Aplicada I da UPV/EHU e REAS Euskadi- aprobado na Convocatoria de Axudas á Investigación da UPV/EHU 2012 que se centra na construción dun discurso teórico-analítico sobre o concepto de “sustentabilidade da vida” que recolla as achegas da economía feminista, a economía solidaria e a economía ecolóxica.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: