A organización social de Fiare-BpE

Un dos elementos distintivos de Fiare-BpE (Fiare-Banca Popolare Etica) é o seu sistema de goberno. A creación dun modelo diferente de banca levaba o desenvolvemento dunha estrutura democrática onde a cidadanía puidese ser copropietaria do banco.

Neste contexto Fiare-BpE vai desenvolver unha estrutura participativa que no marco da integración está a xogar un rol moi importante no conxunto do territorio.

O primeiro semestre deste ano foi intenso e finalizouse con moi bos resultados. Activamos os 19 GITs (grupos locais) que aos poucos irán substituíndo o papel das asociacións territoriais fundadoras nos territorios. Organizamos a nosa Segunda Asemblea Estatal en Rivas Vaciamadrid e o día anterior celebramos o primeiro encontro Intergits España-Italia coa presenza de 30 persoas pertencentes aos GITs italianos. O mes seguinte participamos activamente na Asemblea Xeral da Cooperativa en Florencia e durante o mes de xuño presentouse en boa parte dos territorios o proceso de definición dos novos produtos.

Un dos elementos a destacar deste último mes foi a formación en operativa bancaria realizada en cada un dos GITs polo equipo técnico das oficinas. Os propios membros expresaran o seu interese en comprender mellor o tipo de produtos que estamos a ofrecer neste momento e cales son as oportunidades de futuro.  Precisamente este foi o punto de inicio dun proceso de reflexión sobre a operativa bancaria futura. A idea central é abrir un debate no seo dalgúns dos órganos da estrutura Fiare para poder elaborar as liñas principais da nova operativa de Fiare-BpE.

O sistema que Banca Etica (como se coñece tamén a Banca Popolare Etica) construíu nos últimos 14 anos desenvolveu un modelo de banca onde a organización social está enraizada no territorio e ten un peso significativo no desenvolvemento da banca a todos os niveis.

Fiare-BpE pechou o semestre con 3.812 persoas físicas, e 467 entidades, é dicir, unha suma de 4.279 persoas socias que confían nun modelo de banca ética construída desde a cidadanía.

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: