Podemos cambiar o mundo desde o consumo?

Autor: Álvaro Porro

Cambiar_mundo_consumo

Pensar en transformar o noso mundo exclusivamente desde o consumo pode ser inxenuo e mesmo perigoso. Pero pretender transformalo sen tocar o consumo pode ser ilusorio e irreal. O consumo consciente pode ser transformador, sempre que se coñeza os seus límites e potencialidades.

Existen moitas nocións do que é o consumo consciente. Unha delas, quizá a máis estendida inicialmente e máis asociada co termo consumo ético, entende que consiste basicamente en ir sumando persoas que nas súas decisións de compra escruten entre as distintas opcións de maneira que se vaian desprazando desde as “empresas negativas” e se potencien as “empresas positivas”, até un punto en que as empresas que non actúen con respecto polo medio ambiente e as persoas non teñan case cabida.

Pero á hora de consumir estamos condicionados polas opcións reais que temos. Por exemplo, non é o mesmo reformular o teu uso do coche nun modelo de cidade que favoreza a mobilidade sustentable, que nun modelo de cidades cun transporte público deficiente e onde peóns e ciclistas son marxinados. A contorna condiciónanos.

A nosa natureza psicosociológica limítanos. A forma en que funciona a nosa percepción e a nosa acción como seres humanos ten unhas características que fan difícil funcionar as 24 horas do día en base a decisións calculadas que manexan infinidade de variables e aspectos morais.

Se ignoramos os dous puntos anteriores, é dicir, o peso das estruturas socioeconómicas no proceso de consumo, a formulación do consumo consciente transfire toda a responsabilidade dos problemas sociais e ecolóxicos ao nivel individual, querendo dar respostas individuais a problemas que son colectivos.

En realidade non se trata de sobrevalorar o poder do consumidor, senón de destapar a debilidade do consumismo. Estamos a falar dun cambio de valores, de ideal de benestar, de estilos de vida e de prácticas cotiás. Todo iso require un cambio cultural de gran magnitude e un cambio de moitos elementos estruturais. Necesitamos reflexión, coñecemento, educación, políticas, construción de alternativas, acción, cooperación, novas leis, rexeneración democrática, unha apaixonante aventura.

Así pois, basta con camiñar pola vía do consumo consciente para cambiar o mundo? En absoluto! O consumo consciente insérese xunto con gran cantidade de movementos e liñas de pensamento na acción colectiva que persegue a transformación: ideas como o decrecemento, a agroecoloxía, a soberanía alimentaria, a relocalización das economías, a xustiza no comercio internacional ou non, a protección e desenvolvemento dos servizos públicos, a regulación de empresas e mercados, a democracia participativa, a renda básica, a potenciación da cultura libre, a redución da xornada laboral, as políticas en defensa do territorio…

O consumo consciente e transformador tal e como o concibimos desde Opciones pode ser efectivo na transformación como fol que avive toda unha serie de cambios estruturais que necesariamente pasan pola area política pura e dura, xa sexa institucional ou de movementos sociais. É polo tanto necesario xerar propostas especialmente neses ámbitos onde o Consumo Consciente actúa para que os baleiros que deixan políticas fracasadas se enchan con políticas transformadoras. É o momento de axudar a pensar esoutros mundos posibles. Un exemplo do devandito: se coa crise baixa un 40% a venda de coches, é o momento de apostar polo transporte público (máis e mellor) ou pola extensión das  iniciativas de compartir coche antes que por un enésimo plan renove que non é precisamente sustentable. E é o momento de reconducir esa industria e eses empregos cara ás enerxías renovables. E como consumidores e cidadáns temos moito que dicir nisto.

Na web de Opciones podes ler unha versión ampliada desta entrada.

Fonte: Alterconsumismo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: