Recuperar a soberanía enerxética!

GoiEner

O día que o Goberno español anunciaba a nova reforma enerxética, que penaliza a xeración e o autoconsumo de enerxías alternativas, ETB no seu informativo, emitía unha breve reportaxe sobre GoiEner,  un proxecto cooperativo de xeración e consumo de enerxía renovable co que se quere recuperar a soberanía enerxética.

Precisamente, o pasado 15 de xullo, participa REAS Euskadi nunha reunión coa cooperativa GoiEner para establecer acordos de colaboración que posibiliten incorporar esta iniciativa ao movemento da economía solidaria en Euskadi e que este promocione os servizos desta cooperativa no marcco do impulso do mercado social.

Foro-Microutopias-agosto2013-interior(Unhas das asociacións -ARELA- que forman parte de Fiare Galiza están a organizar un curso no que GoiEner vai participar dentro duns días.  Tes toda a información en: “Solidaridad frente á crise global” do 8 ao 10 de agosto).

Resposta de Som Energia á Reforma Enerxética

Comunicado do Consello Reitor de Som Enerxía aos socios e socias.

Ante os cambios do Mercado Eléctrico que está a impulsar o Goberno español queremos informarvos das consecuencias que ten para o modelo enerxético que defendemos (eficiente, renovable e en mans da cidadanía) e das accións que queremos emprender desde a cooperativa.

Son moitas as consecuencias da nova regulación que demostran de maneira desvergonzada a vontade de manter o status quo das grandes empresas enerxéticas e de obstaculizar calquera avance cara á eficiencia e a democratización da enerxía.

Podedes atopar moitas análises relevantes na rede. Algúns imprescindibles para estar máis informado/a:

Neste enlace podedes ler as respostas a algunhas preguntas que os socios e as socias, e as persoas que non o son, se poden facer sobre os aspectos que nos afectan.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: