A banca que necesitamos ten que ser unha banca socialmente responsable

bancaA crise económica e financeira actual está a demostrar que moitas empresas que se autodefinen como Empresas Socialmente Responsables (ESR), non o son realmente. Un caso evidente é o da banca española, que tras o proceso de desregulación e liberalización seguido por bancos, caixas de aforros e cooperativas de crédito durante as últimas décadas, convertéronse en empresas que para maximizar os seus beneficios económicos realizaron todo tipo de prácticas abusivas e pouco éticas como son as participacións preferentes, as cláusulas chan das hipotecas, o cobro de comisións desmesuradas ou os desafiuzamentos.

Trátase da banca que nos meteu na crise financeira ao contribuír a crear unha burbulla inmobiliaria concedendo un volume de préstamos a promotores e construtores “por encima das súas posibilidades”; e, o que é peor, está a impedirnos saír da crise, ao contribuír a incrementar a débeda pública (coa nacionalización das súas perdas), ao deixar de prestar créditos aos particulares, autónomos e micropymes e ao oporse a determinadas reformas que están a xurdir da sociedade civil como a da dación en pago das hipotecas. Esta banca non é unha banca socialmente responsable e, por tanto, non é a banca que necesitamos.

No contexto actual, é posible unha banca socialmente responsable? Si o é, se temos en conta que ademais da banca dominante, existe unha banca alternativa como é a banca ética e a banca cooperativa. Trátase dunha banca baseada nos principios da transparencia e a solidariedade, que fai compatible a viabilidade económica coa responsabilidade social.

Por unha banda, a transparencia fai posible que os clientes bancarios coñezan cal é o uso que se fai do seu diñeiro, o que permite á súa vez crear consumidores socialmente responsables, que basean o criterio de elección dun banco no investimento socialmente responsable e non nos custos das transaccións bancarias. Por outra banda, a solidariedade supón destinar os depósitos bancarios a financiar proxectos sociais dirixidos á protección do medioambiente ou á inserción sociolaboral de colectivos en risco de exclusión, contribuíndo así á creación de empresas da Economía Social. Trátase de bancos como Triodos Bank, Fiare ou Caixa Popular, que demostran que unha banca socialmente responsable é posible e necesaria. Os bancos cooperativos, ademais da transparencia e a solidariedade, practican a responsabilidade social interna, pois neles os traballadores participan nas decisións en igualdade de condicións, o que os converte en empresas baseadas nunha democracia real social e económica. Do mesmo xeito, as diferenzas salariais entre traballadores e directivos son menores (nunha escala que vai do 1 ao 10 como máximo), contribuíndo así a reducir as desigualdades económicas e sociais.

Ante a situación de crise, temos que tomar partido por un tipo de banca socialmente responsable, que contribúa a saír da crise nas mellores condicións posibles, compartindo responsabilidades e obrigacións cos cidadáns.

Joan Ramon Sanchis é Catedrático da Universitat de València.

Fonte: RHmedia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: