Auga e Soberanía Alimentaria

Novo número da revista “Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas”

Debate sobre a auga. Punto de partida.

Ao longo deste número da revista atoparás artigos concretos sobre o uso da auga na agricultura, as bondades e inconvenientes de diferentes sistemas agrícolas e advertencias aos riscos de privatización da auga, entre outros. Son temas que, desde a perspectiva da Soberanía Alimentaria, debemos abordar contestando unha pregunta fundamental: para que as e os agricultores poidan alimentar ao Planeta e mantelo fértil, que uso e xestión facemos da auga?

A crise da agua

O planeta está a quedarse sen auga doce, e sen ela a vida é imposible. O ser humano cabalga sobre un sistema capitalista cuxa meta é acumular beneficio económico, e avanza tan rápido que perdeu visión sistémica -somos interconexións, somos un planeta-, só ve a súa realidade e o curto prazo. Desta maneira estamos a destruír as nosas fontes de auga: extraémola  de ríos ou acuíferos para a agricultura, a industria, para beber… moito máis rápido do que a natureza a pode repor; desviámola por tubaxes cara a cultivos que a necesitan pero tamén para cultivos pouco apropiados ao clima e ao territorio, para regar campos de golf ou para os monocultivos de agrocombustibles que están a invadir o continente africano; o abastecemento de auga das enormes zonas urbanas é moi esixente; comerciamos millóns de litros de “auga virtual”, incorporados na enorme cantidade de produtos que percorre fronteiras baixo os ditames dun modelo de consumo e de alimentación desconectadas dos ritmos da natureza; a deforestación e degradación que facemos dos nosos bosques acaba reducindo a cantidade de choiva que recibimos; e desde logo o cambio climático que o ser humano está a provocar é responsable dunha maior evaporación das augas superficiais e está derritiendo os glaciares.

A urbanización dos nosos modos de vida é un factor fundamental da actual demanda de auga. Un habitante urbano consome de media tres veces máis auga que un habitante rural. Unha persoa alemá consome de media nove veces máis auga que unha da India.

E así atopámonos que a provisión de auga doce xa non alcanza a nivel mundial (en 2008, unha de cada cinco persoas no mundo xa non teñen acceso a auga potable segura) e prevese que para 2025, a media mundial de abastecemento de auga por habitante diminuirá nun terzo, significando que dous terzos dos habitantes do planeta haberán de enfrontar escaseza de auga.

A auga como mercancía é unha tolemia

Fronte a este grave problema as únicas respostas que a maioría de gobernos nos presentan son equivocadas ou insuficientes. En prol a unha suposta mellora da eficiencia, unha onda de privatización da auga percorre todos os países,  buscando convertela nunha mercadoría lucrativa e acabar cos sistemas públicos locais ou comunitarios de xestión e preservación da auga. No noso país, denunciamos que isto xa está a suceder nas zonas urbanas. Privatizar e mercantilizar a auga é deixar a vida de todo home, muller ou neno en mans dunhas poucas corporacións.

11.Foto_Joao Zinclair_Rio San Francisco_Bajo_BrasilEfectos sobre a agricultura

En todo o mundo a agricultura representa unha 70% da auga que se extrae, pois loxicamente a auga é fundamental para a produción mundial de alimentos. Un acceso fiable á auga, tanto nos cultivos de secaño (da choiva) como nos de regadío (de ríos ou acuíferos), permite a produción agrícola, ofrece unha subministración estable de alimentos e posibilita a vida no medio rural. Pero hoxe xa numerosas concas fluviais están sobreexplotadas, están ao límite e na medida en que o cambio climático faga aumentar a frecuencia da seca e as inundacións será máis difícil para as e os agricultores prever a subministración de auga, o que se volverá un novo obstáculo para a alimentación.

No Estado español, segundo os cálculos do Ministerio de Medio Ambiente, para o ano 2050 a temperatura subirá 2,5ºC, as precipitacións reduciranse un 10% e a humidade do chan diminuirá nun 30%.

Temos respostas desde a Soberanía Alimentaria?

Fronte ás multinacionais da agricultura e a alimentación e as políticas neoliberais que as secundan, nace a resposta da Soberanía Alimentaria, que constrúe unha alternativa sensata e necesaria: desde políticas que sitúen ao campesinado no centro do sistema agroalimentario, débense impulsar e recuperar agriculturas, adaptadas a cada territorio, pensadas en alimentar á poboación local, á vez que se converten nun medio de vida digno para as e os campesiños.

Por tanto, con eses mesmos referentes no noso pensamento, vemos que para construír a anhelada Soberanía Alimentaria haberá que transitar e priorizar aquelas agriculturas adaptadas á auga que o territorio lles ofrece como garantía de sustentabilidade, e non ao revés; que usan con prudencia a auga, conscientes do seu valor, e non a malgastan nin contaminan; onde a auga dedícase a regar colleitas de alimentos para a poboación e non materias primas para os agronegocios; e usando técnicas e tecnoloxías adaptadas ao territorio e controladas polos seus usuarios, sen esixir dependencias nin altos consumos enerxéticos.

Só así, sabendo que a auga é para producir comida, para beneficio das e os pequenos campesiños que dan vida e cohesión aos territorios, e para agriculturas sustentables, seranos fácil discriminar o que en ocasións se converte nun complicado debate.

A auga é vida

Porque en definitiva en todas partes onde hai vida hai auga, e a forma en que xestionemos a actual crise da auga, determinará as perspectivas de futuro da vida no Planeta, ou polo menos, a do ser humano.

E todas e todos temos un papel central. As e os produtores han de afastarse de modelos de agricultura industrial intensiva no uso de auga, máis cando moitas delas non se centran na produción de alimentos para a poboación, senón en fornecer “compoñentes” á cadea de especulación alimentaria.  E as e os consumidores debemos moderar as nosas dietas dirixidas pola industria con exceso de produtos importados, de fóra de tempada, con exceso de carne, pois son moi esixentes no uso da auga.

Descargar revista

Fonte: Web da Revista

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: