Microfides estará por terras galegas

En breve visitarannos persoas que fan posible que Microfides sexa o que é e que nos mostrarán a relación tan estreita que teñen con Fiare e con outros proxectos de finanzas éticas e de economía social e solidaria. Manterémosvos informados!

Podemos confirmarvos os seguintes encontros que terán lugar en Galiza durante este mes de setembro:

  • luns, 9 de setembro de 2013, ás 19:30 no local de Panxea (Rúa da Rosa 36, baixo) en Santiago de Compostela .
  • martes, 10 de setembro de 2013, ás 19:30 horas na rúa Rafael Alberti, 15 local C, da Coruña.

A continuación, mediante algunhas verbas da web de Microfides, poderedes coñecer mellor esta realidade:

microfidesMICROFIDES (Fundación Microfinanzas e Desenvolvemento) formámola persoas conscientes de ser privilexiadas en canto a recursos, educación e oportunidades, e estamos profundamente agradecidas.

Tocamos e sentimos a pobreza tanto en lugares moi concretos do noso país, como en países afastados. Coñecemos de primeira man os seus efectos e, aínda que non a sufrimos, aprendemos a mirar a sociedade desde abaixo.

Somos conscientes de que a nosa forma de vivir e actuar ten as súas consecuencias na realidade, no mundo. Temos recursos intelectuais, técnicos, profesionais e materiais que, por responsabilidade e xustiza, desexamos pór ao servizo das poboacións máis desfavorecidas, participando así na “civilización da sobriedade compartida” (1).

Co noso percorrido persoal e todos os nosos recursos, con toda a nosa humildade, decidimos crear MICROFIDES: Fundación Microfinanzas e Desenvolvemento.

MICROFIDES é unha fundación sen ánimo de lucro dedicada a promover proxectos de economía social en países empobrecidos. É dicir, proxectos empresariais que buscan a sustentabilidade económica á vez que o desenvolvemento social e humano e cuxos beneficiarios sexan as poboacións máis desfavorecidas.

A promoción destes proxectos de economía social pode ser por medio de investimento social, apoio técnico, persoal cualificado, entre outros medios.

Misión

Misión

Loitar contra a pobreza: Apoio a proxectos de desenvolvemento social e económico en países empobrecidos facilitando o capital necesario para realizar os seus propios proxectos produtivos, principalmente a través de microcréditos.

Promover o investimento social como unha forma de solidariedade e responsabilidade entre as persoas e os pobos para construír un desenvolvemento máis humano e sustentable.

Colaborar en construír unha realidade máis digna e equitativa promovendo un desenvolvemento económico e social que beneficie á poboación máis desfavorecida en países empobrecidos.

Visión

visión

Cremos no potencial de cada persoa e de cada comunidade ou pobo.

Coas ferramentas e oportunidades adecuadas toda persoa e toda comunidade é capaz de desenvolverse con dignidade.

Cremos que o desenvolvemento dos pobos pasa por xerar proxectos produtivos, empresas, que xeren beneficio económico a todos os implicados de modo que este xere beneficio social.

Cremos que se o desenvolvemento dos pobos empobrecidos depende só da caridade e doazóns de persoas e entidades de boa vontade, este quedará limitado á xenerosidade dos doantes. Mentres que se apostamos por un desenvolvemento que se cimenta na capacidade produtiva e xeradora de riqueza das persoas e as comunidades ou pobos, o crecemento pode ser máis duradeiro e ilimitado, por ser eles mesmos os que xeran riqueza.

Valores

Ideario

  • Solidariedade.
  • Dignidade de cada persoa e cada pobo.
  • Economía xusta e solidaria.
  • Profesionalidade. Traballo ben feito.
  • Traballo en rede, aproveitando o que cadaquén pode achegar.
  • Transparencia.

Por que este logo?

Ideario

É unha folla de Ginkgo. O Ginkgo é unha árbore que existía antes que os dinosauros, atopáronse fósiles de Ginkgo datados en 270 millóns de anos, no período Pérmico. Mostra unha resistencia asombrosa: Soportou as glaciacións e chegou aos nosos días sen mutacións xenéticas esenciais.

Cando na segunda guerra mundial caeron en Xapón as dramáticas bombas atómicas e devastaron toda a vida ao seu alcance, o único ser vivo que resistiu foi o Ginkgo, que  milagrosamente volveu brotar mostrando así a esperanza máis aló de toda desastre.

Desde entón en Xapón é unha árbore sacra e moi respectada e converteuse no símbolo da esperanza.

A súa capacidade de resistencia ante a adversidade e ofrecer vida onde todos ven morte, inspirounos a telo como imaxe da nosa actividade, ao servizo dos máis pobres, pois son moitas as persoas que coñecemos que vivindo na pobreza e con grandes dificultades, loitan con dignidade e esperanza para ofrecer un futuro mellor aos seus fillos.

Esperanza, resistencia ante a adversidade, aposta pola vida, son os valores que nos inspira o Ginkgo e que desexamos pór en práctica en MICROFIDES.

(1) “Civilización de la sobriedad compartida”: Formulación da Conferencia Episcopal Latinoamericana, Puebla, México, 1979.

Máis información en: www.microfides.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: