Unha delegación de UNISOL Brasil, convidada por CONOSUD visita Europa para coñecer as experiencias de Banca Etica (FIARE e BpE)

Unha delegación de UNISOL Brasil, Central de Cooperativas e Emprendementos solidarios (www.unisolbrasil.org.br), que agrupa a preto de 1.000 cooperativas e empresas de economía solidaria visita Europa convidada por CONOSUD, entidade socia de FIARE, nunha misión para coñecer as experiencias de finanzas éticas e solidarias FIARE e Banca Popolare Etica (BpE ou Banca Etica).

No marco da colaboración histórica entre CONOSUD e UNISOL esta visita ten por obxecto analizar o proceso de construción social desenvolvido tanto por FIARE como por BpE e que levaron á creación da primeira cooperativa europea de banca ética que intermedia, entre aforro e crédito, máis de 1.600 millóns de euros ao servizo da economía real, social e solidaria.

A delegación de UNISOL está integrada por Marcelo Khedi Gomes, secretario xeral e Jose Alesio Brito Mascarenhas, responsable da Asesoría técnica desta central de cooperativas. Acompañados de membros da Xunta directiva de CONOSUD, entre os días 8 e 10 de setembro están a realizar encontros de traballo en Bilbao (sede central de FIARE en España), con responsables técnicos da cooperativa de banca encabezados polo seu director xeral Juan Garibi, así como entidades e cooperativas socias de FIARE (Peñascal Kooperatiba, Koopera…) e investigadores da Universidade do País Vasco, especialistas en economía solidaria e cooperación ao desenvolvemento (Instituto HEGOA).

Nos días 11, 12 e 13 de setembro a delegación de UNISOL xunto cos seus acompañantes de CONOSUD permanecerá en Padova (Italia), sede central de Banca Popolare Etica (www.bancaetica.it) para coñecer in situ esta experiencia, o seu proceso de formación histórico, as experiencias de participación democrática da base social e a súa política financeira en relación á economía social.  Durante a estancia en Padova, a delegación manterá encontros con Ugo Biggeri, presidente do Consello de Administración de BpE, Peru Sasia, membro do Consello de administración de BpE en representación de FIARE e distintos responsables técnicos da Cooperativa. Así mesmo están previstos distintos encontros con grupos de persoas socias e con entidades da economía social socias tamén de Banca Etica.

espanha-um-300x225O obxectivo último desta visita é coñecer en detalle este conxunto de experiencias en materia de banca ética a nivel internacional, na perspectiva de analizar posibles vías de intervención en Brasil, por parte de UNISOL, en materia de finanzas éticas e solidarias ao servizo da economía produtiva, dando así cumprimento aos acordos do III Congreso de UNISOL Brasil, celebrado en novembro de 2012, en Sâo Bernardo do Campo (Sâo Paulo-Brasil) e no que participaron convidados en diversos seminarios representantes de FIARE e CONOSUD.

Máis información: www.unisolbrasil.org.br

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: