Catastroika, a carreira privatizadora

27_catastroikaOs creadores de “Debtocracy” analizan e reflexionan sobre a carreira privatizadora que se vive no mundo “desenvolvido”.

Era polo principio de 1989, cando o académico francés Jacques Rupnik sentou na súa oficina para preparar un informe sobre o estado das reformas económicas na Unión Soviética de Mijaíl Gorbachov. O termo que usou para describir os últimos respiros do imperio era o de “Catastroika”. Na época de Yeltsin, cando Rusia estableceu probablemente o experimento de privatización máis grande e con menos éxito na historia da humanidade, un grupo de xornalistas de The Guardian deu un significado diferente ao termo de Rupnik. “Catastroika” converteuse en sinónimo da destrución completa do país por forzas do mercado, a venda da propiedade pública e a excesiva deterioración do nivel de vida dos cidadáns.

Os creadores de “Debtocracy”, os xornalistas Aris Chatzistefanou e Katerina Kitidi, utilizan este termo para dar nome a este novo documental, lóxica secuela e continuación do anterior, no que se examinaron as causas da crise de endebedamento en Grecia e na periferia de Europa. Ademais tamén está coproducida polo público, que contribuíu financeira e ideoloxicamente na súa creación e está dispoñible de forma gratuíta baixo licenza Creative Commons.

O documental descobre os resultados da actual venda dos recursos públicos de Grecia, esixidos a fin de afrontar a inmensa débeda soberana do país. Slavoj Zizek, Naomi Klein, Luís Sepulveda, Ken Loach e Greg Palast falan sobre as medidas de austeridade, o goberno grego así como do ataque contra a Democracia en Europa, tras a propagación xeral da crise financeira. Académicos e especialistas como Dani Rodrik, Alex Callinicos, Ben Fine, Costas Douzinas, Dean Baker e Aditya Chakrabortty presentan aspectos descoñecidos dos programas de privatización en Grecia e no estranxeiro.

Así queda claro que Catastroika non é un virus que ataca só aos países que cambian radicalmente o seu sistema económico (como Rusia) ou os países baixo unha ocupación económica. En realidade, os exemplos de privatización con menos éxito ocorren en poderes económicos que teoricamente poden controlar as consecuencias negativas.

Catastroika atópase en Gran Bretaña na era despois de Thatcher, onde os cidadáns falecen en accidentes da rede ferroviaria privatizada. Atópase no privatizado e liberalizado sector de correos holandés, onde se quitaron miles de postos de traballos e o carteiro chega dous ou tres veces por día. Atópase até en California, onde os cidadáns quedaron sen electricidade coa desregularización do mercado de enerxía.

Pero as consecuencias máis graves e terroríficas ocorren en países que caeron na trampa de entidades crediticias do estranxeiro e que están obrigadas a proceder a privatizacións masivas. A venda da propiedade pública que se realiza en Grecia, foi probada varias veces en circunstancias similares. Os responsables da venda de utilidades públicas en países de América Latina trasladaron as súas oficinas a países da periferia europea e os mellores deles visitan a Atenas os últimos meses.

O proceso é sempre o mesmo: ao principio, o goberno, coa colaboración dos medios de comunicación masivos, empeza un ataque forte aos funcionarios. Preséntanos como responsables de todos os males económicos do país. O mito dun sector público con demasiados funcionarios baséase case sempre en datos manipulados de organizacións que apoian ao goberno e que se apoian polo goberno actual. Simultaneamente, algunhas organizacións públicas déixanse á mantenta sen ningún apoio, desesperando aos cidadáns pola súa falta de eficiencia. O proceso acaba coa venda mesmo das organizacións máis rendibles por unha porcentaxe mínima do seu valor verdadeiro.

O equipo de Catastroika viaxa por moitos países en busca de imaxes, información e material sobre os programas de desregulación e privatización que se realizaron no chamado mundo “desenvolvido”. O resultado final da investigación non é nin branco nin negro. O “carácter social” do sector público contra unha cara inhumana do mercado libre é tan simplista como as teorías de Milton Freedman sobre a necesidade de privatización até do aire que respiramos. Con todo, o caso de Grecia supera o debate simple e teórico sobre o papel do país na economía.

Maio 2012, www.tercerainformacion.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: