Microfides e o investimento social

Artigo breve con datos actualizados: “Investimento Social en Microfides”.

A semana pasada puidemos compartir dous encontros con Arola e Irune de Microfides: en Santiago, o luns 9 de setembro e na Coruña, o martes 10 de setembro.  Moitísimas grazas Arola e Irune polas experiencias e momentos compartidos!

Microfides-Panxea-Santiago-FiareGaliza-9set2013

Arola, Irune e representantes do grupo local de Compostela de Fiare Galiza e de AIS O Peto no local de Panxea.

Microfides-ItacaSWL-Corunha-20130911

Arola e representantes do grupo local da Coruña de Fiare Galiza no local de Ítaca Software Libre.

Podedes saber moito máis do que nos propón Microfides tendo en conta como nos transmiten o concepto de Inversión Social e cando nos presentan as contrapartes coas que traballan en Ecuador (Jardín Azuayo) e Senegal (U-IMCEC):

“Entendemos que un proxecto de investimento social é unha actividade económica orientada á produción de beneficios tanto económicos como sociais, e cuxos beneficiarios principais son persoas empobrecidas ou necesitadas.

MICROFIDES facilita o financiamento de proxectos de persoas empobrecidas e emprendedoras do seu propio proxecto micro-empresarial en países empobrecidos para posibilitar o seu desenvolvemento económico e social.

O medio principal de investimento social é a creación de fondos para préstamos de microcréditos en países en desenvolvemento. Reunimos un capital a partir das achegas de investidores sociais (particulares, institucións ou empresas con conciencia social) que dedicamos ao préstamo de microcréditos en países en desenvolvemento.  MICROFIDES comprométese a pór todos os medios ao seu alcance para que todos os investidores sociais recuperen a cantidade investida ao cabo dun tempo acordado, normalmente dous anos, cos intereses acordados, e infórmaselles do resultado da medición do impacto social alcanzado co proxecto financiado. Con todo, cada investidor asume o seu propio risco de perda. Ver como minimizamos o risco.

MICROFIDES define para cada proxecto de cooperación uns indicadores que serven de pauta para avaliar o impacto social que xera cada proxecto na poboación beneficiada. Aquí tes toda a información para poder facer un investimento social.”

Toda persoa que teña conciencia social e dispoña duns cartos que desexa investir poden forman parte deste proxecto tendo en conta o que indicamos a continuación:

  • Realizar un depósito a dous anos en Fiare-BpE (a inversión mínima é de 1.000 €). Podes informarte en moitas vilas galegas.
  • A suma de todas as achegas Microfides préstaa á IMF local (Institución MicroFinanciera), que é a que entrega os microcréditos a persoas que doutro xeito non obterían crédito para o seu propio micro-negocio.  Desta maneira xeramos desenvolvemento social e económico.
  • Ao cabo de dous anos, Microfides devolve o fondo a Fiare-BpE e ti recuperas o teu depósito cun moderado beneficio económico para ti e un gran beneficio social para outras persoas.  O beneficio esperado para os investidores é variable (Euribor 3 meses-0,20%).
  • Microfides destina a diferenza dos intereses a cubrir os custos de funcionamento e xestión. Informan con total transparencia con que entidade se colabora grazas ao teu investimento, e que persoas se benefician dela.  Os membros do Padroado de MICROFIDES participan cun 5% do total do fondo.

GRAFICO4

O equipo o de Microfides está formado por persoas que comparten a súa visión e teñen unha longa experiencia profesional no sector da economía social: Investimento social, microcréditos, empresas de inserción, comercio xusto. A experiencia e profesionalidade do equipo é a mellor garantía da solvencia da súa actividade.  Elixe a entidade que presta microcréditos segundo os seguintes criterios:

  • Situada nun país en desenvolvemento.
  • Preferentemente que atenda en zona rural: Por ser a poboación rural a que maiores dificultades ten para acceder ao crédito.
  • Sustentable financieramente e auditada anualmente: Para asegurar o máis posible o seu bo desempeño financeiro e o retorno do préstamo.
  • Con clara vocación social: Adaptándose á realidade das persoas para satisfacer as súas necesidades financeiras.
  • Preferentemente créditos a mulleres: Xa que posibilitan un maior beneficio social e son as máis vulnerables.
  • Transparencia: Relación baseada na confianza, por ser persoas que compartan os obxectivos institucionais e que nos manteñan puntualmente informados da evolución dos prestatarios que será transmitido rapidamente mostra da total transparencia da que entidade destinas o teu investimento.

Polo momento Microfides traballa en Ecuador e en Senegal con dúas Cooperativa de Microcréditos sen ánimo de lucro cuxa misión é a loita contra a pobreza: en Ecuador, Jardín Azuayo e en Senegal, U-IMCEC. A continuación tedes moita máis información:

 JARDÍN AZUAYO – COOPERATIVA DE AFORRO E CRÉDITO

MICROCRÉDITOS CONTRA A POBREZA EN ECUADOR

IMG 5493 640x483

A Cooperativa de Aforro e Crédito (COAC) Jardín Azuayo creouse no ano 1996 como resposta á necesidade de reconstrución despois das graves inundacións que afectaron ao cantón Paute, en Azuay. Había que empezar de cero para reconstruír a vida de todos. Cos aforros iniciais de 120 persoas e o capital inicial doado pola ONG CECCA, iniciaron a actividade de compartir os aforros para doar créditos cos que reconstruír casas, negocios, vida…

Actualmente, Jardín Azuayo está a traballar nas provincias do Azuay, Cañar, Morona Santiago, Loja e El Oro, a través de 31 oficinas locais, 3 portelos e unha Sede Central en Cuenca. A Cooperativa traballa só con socios e socias e finánciase principalmente cos aforros dos socios e socias, máis do 90% da súa carteira de crédito. Isto fai á entidade moi estable. Actualmente ten máis de 200.000 persoas socias.

É unha institución grande, forte e sólida, regulada pola Superintendencia de Economía Popular e Solidaria (SEPS), sen ánimo de lucro e con solvencia para devolver o préstamo que lle facilitamos desde Microfides.

Calificación financiera

A-: A institución é forte, ten unha sólida marca financeira e é ben recibida nos seus mercados naturais de diñeiro.   Máis información en: MIX Market

Morosidade 3,6%
Servizos

microcrédito individual, microcrédito grupal, servizo de microaforro

formación para os socios e socias, servizo de remesas de emigrantes.

Poboación beneficiaria do préstamo de MICROFIDES

Principalmente mulleres, de zona rural, que se atopan en situación máis vulnerable.

Cantidade prestada por persoa Entre 100€ e 1.000€

O fondo actual de Microfides para Ecuador vai destinado á zona rural de AZUAY, situada na cordilleira dos Andes.

Ecuador presenta grandes desigualdades económicas e sociais entre zona rural e zona urbana, entre indíxenas, mestizos e brancos, entre homes e mulleres.

O PIB per cápita de 2011 foi de 5.750 € (O PIB/cápita de España 23.100 €). A súa principal riqueza é o petróleo.

Nas zonas rurais o 70% da poboación vive na pobreza, é dicir, cuns ingresos inferiores a 2,5 dólares ao día. O acceso ao crédito é moi difícil porque hai poucas entidades que traballen en zona rural. A media de anos de escolarización é de 6,5 anos.

A actividade econóIMG 5533 640x427mica principal da zona rural de Azuay é a agricultura e a gandaría, pero a súa rendibilidade é variable, debido á volatilidade dos prezos dos produtos básicos no mercado, á falta de acceso á auga, ao crédito e á capacitación dos pequenos agricultores. Os desastres naturais tamén contribúen a elevar o risco das actividades agropecuarias dos máis empobrecidos.

IMG 5990 640x427

Con este fondo posibilitamos o acceso ao micro-crédito a campesiñas da zona, que o utilizan para os seus micro-negocios que lles permiten saír da pobreza a elas e ás súas familias.

Os seus micro-negocios adoitan ser a cría de pitos, cuys, ou porcos; cultivo de millo, pataca, hortalizas, frijoles e froitas; asado de porco e de cuys para a súa venda na cidade; cultivo de cadro de plantel, etc. E venden a súa produción no mercado local e na cidade.

Para estas mulleres recibir un micro-crédito significa a oportunidade de saír da pobreza elas e as súas familias, iniciar o seu propio negocio, aportar á economía familiar, relacionarse coas outras mulleres do grupo co que traballan. Todo iso refórzaas como persoas, dignifícaas e fortaléceas.

U-IMCEC CONTRAPARTE DE MICROFIDES EN SENEGAL

MICROCRÉDITOS CONTRA A POBREZA

logo

O nome U-IMCEC responde a Union des Institutions Mutualistes Communautaires d’Epargne et de Crédit. É unha Institución Micro-Financeira forte, consolidada e moi social. Atenden ás persoas de menos recursos da sociedade, a maioría das súas 40 oficinas están situadas en zonas rurais, onde o acceso ao crédito é difícil. É unha IMF (Institución Micro-Financeira) financeiramente sustentable, e auditada anualmente.

Ademais de conceder microcréditos, ofrecen formación financeira básica ás beneficiarias dos microcréditos, e outros programas de capacitación. Destinan o 5% dos seus beneficios a proxectos Sociais.

IMG 3302 640x427U-IMCEC ten a particularidade de atender a poboación máis pobre nas rexiónsonde traballa (o microcrédito mínimo é de 15€/persoa) pero tamén conceden microcréditos de maior volume a persoas que xa foron prosperando e cuxos negocios necesitan un financiamento maior, isto reflíctese no valor do microcrédito medio que é de 692€/persoa. Esta forma de traballar xera maior impacto social pois permite que por unha banda as persoas que non teñen un negocio propio poidan empezar un e, doutra banda, permite que os negocios crezan e con eles a calidade de vida das persoas, saíndo así da pobreza.

Mulleres-UIMCECO préstamo de MICROFIDES será destinado á rexión de Kaolak, una zona rural moi pobre.

O 100% do préstamo será destinado ás mulleres con menos recursos, por esa razón a cantidade máxima por persoa serán 300€.

Os seus fins e obxectivos son:

– Participar activamente na loita contra a pobreza.

– Asegurar a permanencia do sistema por medio de la sostibilidade financeira.

– Fortalecer a capacidade técnica dos beneficiarios.

– Progresivamente cubrir as diferentes rexións de Senegal.

– Contribuír a mellorar os ingresos e o benestar das familias e as persoas microempresarias a través do acceso aos servizos financeiros para a creación de actividades xeradoras de ingresos, especialmente para as mulleres e as persoas máis vulnerables.

Orixe e historia:

En 1997, a ONG Fondo Cristiano para a Infancia (CCF) de Senegal (hoxe Child Fund Senegal) iniciou un programa de microcréditos co obxectivo de aumentar o benestar dos nenos a través de maior ingreso familiar. O programa comezou como un proxecto piloto, foi crecendo co tempo, e en 2001 converteuse na Union des Institutions Mutualistes Communautaires d’Epargne et de Crédit. (UIMCEC). Desde entón creceu até ter 40 oficinas por todo o país, sen perder o obxectivo social polo que naceu.

Datos financeiros de U-IMCEC (2011)

Número total de prestatarios

17.723

Préstamo mínimo en Euros

15 €

Préstamo medio en Euros

692 €

Principais produtos e servizos

Microcréditos, micro-aforro, remesas,

formación financeira, micro-seguros.

Porcentaxe de Mora

4,9%

Carteira total de clientes

12.259.667 €

Activos

15.954.016 €

Total Depósitos

7.116.682 €

                                    CIMG1789 640x480                                   

microfidesMáis información en: Microfides.

Artigo relacionado: “Las finanzas éticas se están consolidando como alternativa real a la banca tradicional.”

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: