As nosas sementes, o noso futuro

ViaCampesina-sementesAs sementes teñen un lugar especial na loita pola soberanía alimentaria. Estes pequenos grans son a base do futuro. Elas determinan, en cada ciclo vital, que tipo de alimento consomen os pobos, como se cultiva e quen o cultiva. Pero as sementes tamén son o recipiente que transporta o pasado, a visión, o coñecemento e as prácticas acumuladas das comunidades campesiñas en todo o mundo que, durante miles de anos, crearon a base de todo o que nos sostén no presente. As sementes non foron creadas para permanecer sempre inalteradas.

Non son obxectos, senón parte dun proceso constante de recreación. E por esta razón, foron sempre o centro das distintas visións sobre como cultivar e que debe ser a agricultura. Fai uns 100 anos, un proceso inspirado pola visión da vida industrializada empezou a cambiar a agricultura, acabando por transformar a produción de alimentos en moitas áreas do mundo. A modificación das sementes foi central nesta transformación, facendo posibles os cultivos homoxéneos e baseados no petróleo que dominan a agricultura industrial.

Pero a pesar do predominio da industria e os seus constantes esforzos por marxinalizar e mesmo criminalizar a agricultura campesiña, sabemos que as nosas sementes campesiñas teñen raíces máis profundas. Por todas partes estanse reclamando e recuperando as sementes campesiñas como parte central da vida das comunidades, mesmo nas cidades. Elas son a base dunha agricultura sustentable, saudable e xusta. As seguintes páxinas centran a súa atención nalgúns lugares onde levan a cabo as loitas diarias polas nosas sementes. Mostran as sementes das campesiñas e campesiños en Asia, África, Europa e as Américas. Mostran intercambios, resistencia, descubrimentos e solidariedade entre os pobos; así como as agriculturas que fían o tecido da Vía Campesiña, e o tecido do noso futuro.

Para acceder ao documento (formato PDF) faga clic na ligazón a continuación e descargue o arquivo: La Vía Campesina – Nuestras semillas, Nuestro futuro

Fonte: http://www.biodiversidadla.org/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: