II Xuntanza do GIT Fiare Galiza Norte: 21 de setembro de 2013

O mércores da semana pasada, o 11 de setembro de 2013, tivo lugar unha nova xuntanza do GIT Galiza Sur en Vigo (periodicidade mensual, agás no estío).  Foron moitos os temas tratados durante este encontro (ao que chegamos con forzas anovadas) o que nos permitiu organizarnos tras o verán e darlle forma a todos os puntos que farán que os vindeiros meses poidamos asumir todos os grandes cambios que se están a producir.  Podes solicitar información e participar neste proxecto tan ilusionante!

A continuación engadimos a convocatoria da segunda xuntanza do GIT Galiza Norte (periodicidade trimestral) que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de setembro de 2013, en Lugo:

“Benquerida/o socia/o:

20130119-AsembleaFiareGaliza-4Como sabedes, desde a última asemblea da Asociación Territorial galega do proxecto Fiare a nosa estrutura mudou e estamos a organizarnos en dous Grupos de Implatanción Territorial (GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur).  As socias e socios que residimos en Lugo ou na Coruña imos agora a organizarnos e coordinarnos dentro do GIT Galiza Norte.

Este correo electrónico é precisamente para convocarvos a unha segunda xuntanza do GIT Galiza Norte que terá lugar o próximo sábado 21 de setembro ás 10.30 horas no local da Cova da Terra na rúa Noreas 12 de Lugo.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bComo ben sabedes estamos nun momento de transición cara a unha nova organización con máis servizos e, polo tanto, a idea é construír eses servizos entre todas e todos, respondendo á nosa filosofía como entidade bancaria. É un tema complicado, pola complexidade técnica do que significa un produto financiero e os marcos normativos que hai detrás. Con todo, desde FIare queremos tentar facer unha reflexión conxunta sobre o enfoque destes novos produtos. Por este motivo queremos abrir un debate, ordenado sobre o tipo de produtos que ofreceremos nesta nova etapa. Para isto, desde Fiare preparouse un documento que se anexa, cunhas orientacións que contextualizan o debate, de maneira que comecemos na próxima xuntanza do GIT e se peche nos próximos meses en cada grupo local.

Así, e tendo todo isto en conta, convocámosvos a esta segunda xuntanza do GIT Norte coa seguinte proposta de orde do día:

1.- Situación dos grupos locais (10.30-10.50):

  •    GL Lugo
  •    GL A Coruña
  •    GL Ferrol
  •    GL Compostela

2.- Situación de grupos de traballo (10.50-11.05):

  •    Grupo de Comunicación
  •    Grupo de Formación
  •    Grupo de Coordinación-Participación

3.- Situación da Comisión de Avaliación Ético- Social (11.05-11.15).

4.- Situación da operativa bancaria da cooperativa de crédito (11.15-11.25).

5.- Situación do modelo de Gobernanza (11.25-11.30).

6.- Situación do proceso da Segunda Fórmula Xurídica / Fundación Fiare (11.30-11.35).

7.- Situación do Fondo Perdido (11.35-11.40).

Receso (11.40-11.55).

8.- Presentación do debate sobre os Produtos Financieiros de Fiare e resolución de dúbidas (11.55-12.40).

9.- Presentación e aprobación (se procede) do Plan de Traballo do Cuarto Trimestre de 2013 (12.40-13.00).

10.- Varios (13.00-13.30):

  •  Xornadas en Bilbao o 18-19 de outubro 2013.

Lembrade que a periodicidade das xuntanzas será trimestral e que iremos rotando de localidade.

Queremos animarvos a participar nesta nova andaina de Fiare, por iso queremos que as xuntanzas do GIT estean abertas a todas as socias e socios e que este proxecto sexa cada vez máis plural e común.

Vémonos entón en Lugo o 21 de setembro.

Apertas

 Proxecto FIARE
Coordinación GIT Galiza Norte
Rúa da Rosa 36, baixo
15.701 – Santiago de Compostela
galizanorte@proyectofiare.com
http://www.fiaregz.com
http://www.proyectofiare.com”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: