A proposta de banca ética de Fiare

Fiare é unha proposta organizacional de desenvolvemento horizontal cuxa vocación inicial é articular unha cidadanía comprometida que constrúa unha alternativa ao sistema financeiro e cuxo punto de chegada é a constitución dunha cooperativa de crédito xunto a Banca Popolare Etica S. Coop de Italia.

Os seus inicios remóntanse a 2003, período en que non se coñecían problemas financeiros, pero xa os seus fundadores tiñan a inquietude de construír un modelo diferente. Por tanto Fiare non nace como resposta á crise senón como alternativa á paradigma de crecemento continuo totalmente insustentable desde a perspectiva da xustiza e os dereitos humanos.

fiareComo destacaba Peru Sasia, presidente de Fiare, nunha conferencia da Fundación Étnor: “Un sistema pode ser sustentable economicamente e tremendamente inxusto, simplemente tirando do sistema aos que sobran”.

Fiare constrúese desde a base por organizacións que comparten a mesma mirada social respecto dos dereitos humanos, a xustiza e o dereito ao crédito.

Peru insistiu en defender o dereito ao crédito sen pechalo só á sustentabilidade do proxecto para o que se requirise. A palabra crédito vén do latín creditius (crer, ter confianza) así pois é necesario volver crer nas persoas e nos proxectos xerando crédito baseado no crer e na confianza, máis que, ou ademais de, nas cifras económicas.

Fiare non busca investidores, senón participantes. Actualmente articúlase en 11 redes territoriais coa participación de 400 organizacións e 20 concellos. A esta base é necesario sumarlle a participación da cidadanía, pero non como consumidores de servizos financeiros só. Non se trata de consumo responsable senón de construción de cidadanía activa.

Unha cidadanía que busca no sistema financeiro construír unha economía e unha sociedade onde as persoas sexan o obxectivo e a economía o medio.

Actualmente Fiare ten concedido 30 millóns de crédito a 150 proxectos, cun nivel de morosidade do 10-15 %, inferior ao da banca tradicional, a pesar de ter maior risco. En palabras do propio Peru estes proxectos financiados por  Fiare curan problemas.

Participar en Fiare é un compromiso con outro modelo financeiro.

Fonte: Trencadis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: