Crónica do II Encontro da Rede de Finanzas Locais Alternativas

Os días 21 e 22 de setembro de 2013 celebrouse na Finca el Carmen de Santa Fe de Granada o II Encontro de Asociacións de Finanzas Locais Alternativas, no que participaron 30 persoas de 10 asociacións de Andalucía, Estremadura, Castela e León e Navarra.

IIEncontroFinanzas-set2013

O encontro iniciouse cunha conferencia de Peru Sasia, Conselleiro de Banca Popolare Etica-Fiare, sobre “Dereito ao crédito, respostas desde a cidadanía: retos, dificultades, oportunidades e distintas formas de resposta e a súa coordinación”. Seguidamente desenvolvéronse tres talleres que trataron acerca da relación das Finanzas Locais Alternativas con Fiare; acerca da relación con asociacións próximas de economía solidaria ou de defensa de dereitos humanos; e acerca dos criterios éticos que han de ser tidos en conta no financiamento solidario.

Os talleres e debates chegaron a estas conclusións:

  • A relación das Finanzas Locais Alternativas con Fiare é complementaria e de apoio, mantendo cada unha a súa personalidade.
  • A rede expresa a súa vontade de coordinarse na Fundación Fiare como unha sectorial de Finanzas Alternativas, co seu recoñecemento expreso.
  • O interese de manter relación coas entidades próximas do ámbito solidario, co compromiso de acompañar os proxectos cuxa financiamento se solicita ao longo de todo o seu proceso de execución.
  • Fomentar esas relacións para dar respostas máis eficaces aos conflitos do momento actual.
  • Estas respostas deben estenderse non só ao campo da economía, senón ao da denuncia e mobilización sociopolítica.
  • Os criterios éticos deben de ser sensibles á realidade que se presenta, tendo en conta valoracións cualitativas e cuantitativas. A metodoloxía evaluadora ha de ser crible e transparente.
  • Insistiuse tamén na importancia de manter a coordinación para ampliar os ámbitos da cooperación entre as asociacións. Decidiuse, así mesmo, manter as comisións sobre comunicación e legalidade.

Fonte: Economía Solidaria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: