Fin de semana de encontros: Fundación Fiare, Xunta Directiva de Fiare Galiza, Comisión ético-social…

IIEncontro-GITNorte-2013-09-21Tras a xuntanza do GIT Galiza Norte (á que podían asistir persoas socias das provincias de Coruña e Lugo) o pasado sábado 21 de setembro de 2013 en Lugo (no local da Cova da Terra) no que tivemos a oportunidade de encontrarnos, coñecernos e de organizarnos para o último trimestre de 2013; decidimos que é moi importante nas vindeiras xuntanzas dos grupos locais de Coruña, Lugo, Compostela e Ferrolterra (estade atentos ás vindeiras datas de reunións, no grupo local de Coruña será o luns 30 de setembro de 2013 ás 19:30 horas en Rafael Alberti 15 local C e no grupo local de Compostela será o luns 7 de outubro de 2013 ás 20:30 horas no local de Panxea na Rúa da Rosa 36). adicarlle tempo ao debate sobre produtos bancarios que comezamos coas xornadas formativas do 28 e 29 de xuño de 2013.  Polo tanto, ademais dos habituais puntos sobre actividades de cada grupo local, desta volta temos que abordar a nosa postura respecto aos produtos bancarios que ofertará Fiare como V Área da Banca Popolare Etica (BpE), como parte dun debate que se está a producir en toda a organización Fiare. A importancia disto é que abre unha posibilidade impensable na banca convencional, a toma de decisións colectivas sobre aspectos de operativa bancaria.  Se tedes algunha dúbida sobre estas cuestións podedes achegarvos aos puntos de difusión/información.

FCREEsta fin de semana non será menos e tamén vén cargada de encontros.  Mañá sábado, 28 de setembro de 2013, ás 10:00 horas comezaremos o día coa reunión na que participarán as persoas representantes de varias organizacións que conforman Fiare Galiza que mostraron o seu interese en participar na Segunda Forma Xurídica de Fiare-BpE, agora coñecida como Fundación Fiare.  Nesta reunión tratarase de decidir de forma definitiva a incorporación ou non de Fiare Galiza á Fundación Fiare, comentar novidades e aclarar todas as dúbnonconimieisoldi2idas que se foron xerando nos últimos meses desde o último encontro do sábado 23 de febreiro de 2013 no que afondamos sobre este tema.  A renovada Fundación Fiare será a encargada de levar a cabo as campañas de sensibilización e denuncia promovendo retos e campañas que poden ser similares “NON CON I MIEI SOLDI” e moitas outras máis como fai a Fondazione Culturale Responsabilità Etica (FCRE) da Banca Popolare Etica.

2013-06-29-XuntaDirectivaFiareGalizaA primeira reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza do outono terá lugar tamén mañá ás 12:00 horas.  Nesta xuntanza poremos en común o traballado nos GIT Galiza Sur e GIT Galiza Norte, os procesos de coordinación entre os diferentes equipos de traballo (formación, comunicación…) e moitos outros temas interesantes que poderás coñecer se te achegas xa que, coma é habitual, é aberta a toda persoa socia.

Pola tarde, as persoas que compoñen a Comisión de avaliación ético-social de Fiare en Galiza poderán atoparse e traballar conxuntamente de cara a preparar o encontro do 18 e 19 de outubro en Bilbao e outros puntos, para así poder transmitir e asumir todo o que supón este gran proceso de construción Fiare-BpE.

Lembrade que cada día somos máis persoas que traballamos para que Fiare-BpE sexa unha realidade.  En concreto en Galiza xa participamos máis de 30 colectivos e máis de 300 persoas físicas.  Anímate a participar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: