Participa no importante debate sobre produtos financeiros!

Fiare-Terractiva-5outubro2013Tras unha fin de semana chea de actividades na X Feira Ecolóxica Terractiva de Arzúa e no VIII Encontro da Rede Galega de Sementes de Redondela, hoxe luns 7 de outubro de 2013 ás 20:30 horas no local de Panxea na Rúa da Rosa 36 o grupo local de Compostela e ás 17:00 horas o grupo local de Ourense imos adicarlle tempo, ademais de aos puntos habituais sobre as actividades de cada grupo local, ao debate sobre produtos bancarios que comezamos coas xornadas formativas do 28 e 29 de xuño de 2013. Desta volta temos que abordar a nosa postura respecto aos produtos bancarios que ofertará Fiare como V Área da Banca Popolare Etica (BpE) como parte dun debate que se está a producir en toda a organización Fiare.  A importancia disto é que abre unha posibilidade impensable na banca convencional, a toma de decisións colectivas sobre aspectos de operativa bancaria. Se tedes algunha dúbida sobre estas cuestións podedes achegarvos aos puntos de difusión/información.  Estade atentos ás vindeiras datas de reunións (o luns 30 de setembro foi a do grupo local de Coruña e o martes 13 de outubro ás 20:30 horas será a do grupo local de Lugo) dos diferentes grupos locais de Fiare en Galiza.

Animámosvos polo tanto a acudir ás xuntanzas de hoxe luns 7 de outubro ás 17:00 horas en Ourense e ás 20:30 horas en Compostela e a seguir a participar en Fiare-BpE!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: