Memoria Fiare 2012 en galego

MEMORIAFIARE2012-GALEGO-portadaMemoria Fiare 2012 en galego: MEMORIAFIARE2012-GALEGO

“A nosa historia, tanto a de Fiare como a de Banca Popolare Etica, recordará o ano 2012 como aquel no que se puxo en marcha o noso proceso de integración. Un proceso que se comezou a fraguar cando hai máis de oito anos iniciamos os contactos entre ambas as dúas organizacións e que desembocou na incorporación, a finais deste ano, das primeiras 288 persoas socias de Fiare na Cooperativa de Crédito de Banca Etica, achegando un capital superior aos 800.000 euros.

Durante este ano, o avance do proceso estivo marcado de moitos encontros dun gran significado. A Asemblea de persoas e organizacións socias de Fiare en Rivas en Abril supuxo o apoio definitivo da base social de Fiare a este proceso. Un mes despois, na Asemblea de Banca Popolare Etica (Banca Etica) en Roma aprobáronse de forma case unánime as modificacións necesarias no seu Regulamento Electoral para que a integración puidera realizarse. Desde ese momento, as persoas responsables das diferentes áreas fomos mantendo un intenso labor orientado a ir desenvolvendo as múltiples tarefas que un proceso deste tipo esixe para proxectos como os nosos.

Neste camiño, foi especialmente significativo o “encontro da Rede” (como o chamamos en Italia), que tivo lugar en Rimini en Decembro. Acudimos persoas socias, traballadoras, organizacións fundadoras, membros dos órganos de goberno, dos comités de ética e das diferentes estruturas de participación. A “Área Fiare”, cada vez máis integrada nesta dinámica, achegou un bo número de asistentes. A idea forza do encontro era moi suxerente: que queremos ser de maiores? Formulábase abertamente o reto que sempre supón articular desenvolvementos organizacionais e que, no noso caso, inclúe unha aventura nunca antes explorada: a creación dun xermolo de implantación europea dunha Cooperativa de Crédito de Banca Ética.

Debatemos sobre cuestións esenciais para nós, como son o reto de manter a participación e a identidade, o lugar do crédito nestes tempos, o significado e características do capital social, o papel da muller ou o noso rostro e presenza pública como “comunidade de acción”.

De volta de Rimini, “zafarrancho” en toda a Área Fiare para o proceso de compra de participacións da Cooperativa. Un traballo esgotador e tremendamente ilusionante, que implicou moita da nosa xente. Entre todas elas, merecen unha especial lembranza os banqueiros ambulantes que se desprazaron desde Italia para asegurar que se ofrecía unha información completa e veraz sobre todos os detalles do investimento que cada unha das persoas e organizacións socias de Fiare ía realizar. Máis de dez sesións, cada unha delas de profundo significado, que recordaremos sempre.

Empezamos así oficialmente a activación da base cooperativa de Fiare no marco da Cooperativa de Crédito de Banca Etica, poñendo en marcha a creación de todas as estruturas que perseguen manter unha alta participación desde o ámbito local. Comezamos así a creación das circunscricións, a elección dos grupos locais e dos seus coordinadores que culmina coa elección dos referentes de zona en Rivas en Marzo de 2013.

Mentres tanto, as tarefas relacionadas coas dimensións operativa e legal do proceso seguiron avanzando, decidindo aspectos como a estrutura de oficinas, o sistema informático, as adaptacións normativas e a presentación das documentacións correspondentes ás entidades de vixilancia. Tarefas nas que tivemos que ir debatendo sobre cuestións moi concretas, e nas que o compromiso, a profesionalidade, a flexibilidade e a cooperación foron os valores dominantes.

Todos sabemos que queda moito traballo por facer. Temos a mirada posta no ano 2013, no que a nosa cooperativa de crédito de banca ética irá sentando as bases para establecerse na área Fiare con máis produtos e servizos. Un establecemento que permita seguir incorporando persoas e organizacións que queiran compartir con nós un proxecto de alternativa cada vez máis necesario. As Asembleas de Rivas en Marzo e de Florencia en Maio van ser momentos moi intensos, nos que volveremos atoparnos centos de persoas desa rede densa de capital social de ámbito europeo que estamos construíndo. “Cambiemos as finanzas para cambiar o mundo” di o lema da campaña que lanzamos en Italia e que recolleu miles de firmas. Un bo desafío, non vos parece?

Ugo Biggeri e Peru Sasia”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: