España récord europeo en desigualdade. Informe Cáritas

informe_caritasAutor/a: Cáritas Española

Aumentan o empobrecimiento e a desigualdade social

O VIII Informe do Observatorio de la Realidad Social de Cáritas, presentado de maneira simultánea á Memoria anual de actividades, permite coñecer, á luz da propia experiencia de traballo dos servizos de Acollida e Atención primaria de Cáritas en todo o país, cal é a situación social do momento actual.

Segundo se recolle no seu resumo executivo, as constatacións máis relevantes do Informe son as seguintes:

1. O noso modelo económico caracterízase polo comportamento “contracíclico” da desigualdade na renda, que aumenta en etapas de recesión, pero que non reduce as diferenzas cando se rexistra expansión económica.

2. Nos últimos anos produciuse un descenso da renda media, o que supón un proceso de empobrecimiento da nosa sociedade, que afecta especialmente ás persoas e familias máis vulnerables.

3. A pobreza severa (con menos de 307 € ao mes) alcanza xa a 3 millóns de persoas, o dobre dos que estaban nesta situación antes da crise.

4. Asistimos ao aumento da cronicidade, constatado no incremento dos parados de longa duración, especialmente o grupo de maiores de 50 anos, e no feito de que unha de cada tres persoas atendidas en Cáritas leva máis de tres anos demandando axuda. Esta situación afecta tamén ás relacións sociais e ao horizonte vital das persoas.

5. Increméntase a desigualdade en España, co valor máis elevado de toda Europa: o 20% máis rico da poboación concentra 7,5 veces máis riqueza que o 20% máis pobre.

6. Está tendencia corre o risco de verse incrementada polo elevado nivel de desemprego; a perda de capacidade adquisitiva da poboación (descenso da renda media desde 2007 ao redor dun 4% e aumento dos prezos en torno ao 10%); e o enfraquecemento das políticas sociais e o recorte progresivo de dereitos.

7. Existen necesidades básicas (alimentación, gastos relativos á vivenda, roupa e calzado…) que non están cubertas desde o noso modelo de benestar.

8. Aquelas persoas cuxa situación lles impide cubrir polos seus propios medios estas necesidades, vense obrigadas a acudir á familia ou a entidades sociais de carácter privado en busca de axuda.

9. Asistimos ao risco de desbordamento da función protectora da rede familiar, que segue sendo a primeira estratexia de supervivencia para facerlle fronte ao impacto da crise.

10. A desprotección social das persoas e familias máis vulnerables está agravada ao restrinxirse as condicións de acceso a dereitos como a sanidade, a educación, os servizos sociais e a dependencia.

11. Diversos cambios nas políticas sociais teñen consecuencias negativas directas sobre as persoas máis vulnerables, como o cambio no sistema de prestacións sanitarias e grao de cobertura, a modificación dos requirimentos administrativos para o acceso ás prestacións, ou a difícil adaptación dos servizos sociais ás novas realidades que ofrece a conxuntura de crise.

12. Aínda que os primeiros efectos da crise económica amortecéronse polas prestacións por desemprego e o apoio das familias, o esgotamento das axudas económicas, a prolongación das situacións de desemprego, as políticas de axuste e os seus recortes, unido ás dificultades nas familias, crearon un caldo de cultivo para a irrupción dunha segunda onda de empobrecimiento e exclusión social con efectos máis intensos.

13. Desde que se iniciou a crise, Cáritas triplicou tanto o número de persoas atendidas, até alcanzar a cifra de 1.300.914 persoas no ano 2012, como o volume de recursos destinados a axudas económicas directas ás familias, que foron de 44 millóns de euros o ano pasado.

14. Respecto ao perfil das persoas acompañadas en Cáritas, as mulleres seguen sendo o rostro máis visible das situacións de pobreza e exclusión. Rexístrase, ademais, un elevado número de desempregados, que pasaron de ser “recentes” -ao comezo da crise- a ser de longa duración neste momento de consolidación da estrutura, así como os casos de parellas novas (de entre 20 e 40 anos de idade) con fillos, as mulleres soas con familiares ao seu cargo, as persoas onde a intensidade laboral do fogar é moi baixa e os cidadáns extracomunitarios.

Fonte: Iniciativa debate e caritas.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: