Aínda cres que non hai alternativas? Redes de economía alternativa e solidaria

GALDE_03Aínda cres que non hai alternativas? Este era o título das Xornadas de Economía Solidaria que se celebraron este ano en Aragón. Era unha invitación a reflexionar sobre as alternativas económicas de transformación social que se están incorporando por todo o estado e que están a construír o xerme dun novo modelo económico, que non queda na teoría, senón que é palpable en todas as dimensións económicas, tanto produtivas, de consumo, financeiras ou culturais.

Resalto este título como expresión do que pretende este artigo, presentar as redes de economía alternativa e solidaria, resaltar os seus avances e experiencias, destacar as potencialidades e debilidades que ten este movemento e facer cómplice aos lectores e lectoras nos retos que temos por diante.

Fronte a un modelo económico neoliberal que se di o único posible, pero que está en continua contradición cos dereitos humanos e a xustiza social, podemos sinalar que xa existen proxectos que teñen unha lóxica distinta, que ademais de ser viables, mostran que na súa conexión constrúen non só outra economía senón poderosos instrumentos de construción de xustiza, cohesión social e solidariedade.

A articulación cada vez máis fluída e consistente entre diversas entidades e empresas que apostaban pola coherencia entre xustiza social e economía deu lugar en 1995 á creación da rede REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), rede de redes, que agrupa actualmente no estado español a máis de 300 entidades e empresas organizadas en 13 redes territoriais e dous sectoriais que son a Asociación AERESS de Recuperadores e a Banca Ética FIARE que proximamente comezará a funcionar como unha banca con servizos plenos.

En REAS están actualmente implicadas directamente 18.500 persoas, das que 6.686 son postos de traballo retribuidos. En conxunto o movemento da economía alternativa e solidaria move ao redor de 220 millóns de euros anuais. Forma parte de RIPESS  (www.ripess.org), a Rede Intercontinental de Economía Social e Solidaria que está presente en 65 países diferentes dos 5 continentes e que celebra encontros con asiduidade; o próximo será en Filipinas.

A base que une a todo este movemento é a “Carta de Principios da Economía Solidaria”, que a define en seis grandes principios: equidade, traballo, sustentabilidade ambiental, cooperación, sen carácter lucrativo, e compromiso coa contorna. Na súa introdución remárcase o enfoque da actividade económica subordinado en prover de maneira sustentable as bases materiais para o desenvolvemento persoal, social e ambiental do ser humano en función da calidade de vida e o benestar dos seus membros e de toda a sociedade como sistema global.

A medida que aumentaba o número de iniciativas de economía solidaria e que os seus propios proxectos crecían e facíanse máis complexos, xurdiu a necesidade e a vontade de coñecerse e xerar lazos que posibilitasen a cooperación, a creación de ferramentas comúns e de alternativas máis ambiciosas.

En REAS temos en común a carta solidaria e o desenvolvemento dunha estratexia centrada en fortalecer os intercambios e a intercooperación das iniciativas económicas solidarias xa sexan de produción, consumo, finanzas ou culturais, así como impulsar instrumentos comúns que impulsen espazos económicos alternativos realizando alianzas co resto de movementos sociais para ser tamén actores de cambio político.

Seguir lendo o artigo.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: