Temos unha semana chea de actividades!

DSC02656O sábado 5 de outubro estivo marcado pola presenza de Fiare na X Feira Ecolóxica Terractiva de Arzúa e no VIII Encontro da Rede Galega de Sementes de Redondela Neste último encontro que tivo lugar na Alameda de Redondela tivemos a oportunidade de compartir mesa informativa con Amigos da Terra e diversos colectivos puxeron tamén outras na zona.

Destacamos como moi positiva a experiencia. Ao longo do día foi continua a demanda de información sobre o noso proxecto, atopándonos xente con coñecementos previos sobre a banca ética ou sobre Fiare en concreto e outra que non tiña ningunha información neste eido. Por parte de todas estas persoas a actitude foi de moito interese no proxecto e moitas delas quixeron recibir máis información sobre este.

Sabemos que hai moita outra xente que esta interesada en coñecer máis sobre as finanzas éticas e o proxecto Fiare polo que vos informamos das vindeiras actividades que se irán desenvolvendo ao longo desta semana:

  • Hoxe, martes, 15 de outubro de 2013 ás 20 horas no local da Cova da Terra (rúa Nóreas 12, baixo) en Lugo, vai ser a xuntanza do Grupo Local de Lugo. Reflexionaremos e aportaremos as nosas inquedanzas en relación co debate sobre produtos financeiros que está a ter lugar durante estas semanas en Fiare-BpE. Achégate e participa!
  • Mañá, mércores, 16 de outubro de 2013 ás 19:30 horas formaremos parte dunha das actividades programadas dentro da Semana “Pobreza Cero” de Vigo que terá lugar na Federación de Asociacións de Veciños/as de Vigo.
  • Do venres 18 de outubro de 2013 ao sábado 19 de outubro de 2013 estaremos unha boa representación galega no encontro dos responsables de Coordinación, de Vicecoordinación, das Comisións de Avaliación ético-social, de Comunicación dos GITs de toda a Área Fiare.
  • O mesmo sábado 19 de outubro de 2013 tamén nos atoparás na mesa redonda sobre “Consumo Consciente” organizada pola USC en Lugo.

Agardamos que se cumpran as vosas expectativas. Tedes todas as actividades nas que participaremos no calendario. Ademais lembra que podes convidarnos a que falemos sobre finanzas éticas e/ou a que presentemos o proxecto na asociación de veciños, no centro educativo, no colectivo, no concello, na cooperativa… á/ao que pertenzas.  Anímate e participa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: