O papel da FCRE na Banca Popolare Etica

FCRE-BpE

Setembro-Outubro 2013

Na última semana de setembro tivemos a visita de Andrea Baranés, presidente da Fondazione Culturale Responsabilità Etica (FCRE). Grazas ao apoio do Concello de Donostia que mostrou moito interese en achegar a realidade italiana ao territorio euskera, aproveitamos para montar unha serie de encontros entre algúns grupos de persoas socias da Área Fiare para debater e afondar no sistema de Banca Ética e na nosa nova organización en territorio estatal.

Esta vez, os encontros organizámolos en diferentes cidades de Euskadi, concretamente en Tolosa, Donostia e Bilbao para rematar as xornadas en Madrid.

O principal propósito era compartir toda a historia e percorrido de Banca Popolare Etica e o papel que tivo a súa Fundación en campañas a favor de procesos como a implantación dunha taxa para as transaccións financieiras, a creación dun Observatorio das Finanzas, e outras campañas emblemáticas lideradas polo propio Banco, como Non co meu Diñeiroou a súa versión actualizada para estes tempos como Si co meu diñeiro.

A reflexión política e cultural nunha organización de finanzas éticas do tipo cooperativa é fundamental para direccionar non só a actividade bancaria senón tamén como suxeito político e económico que se desenvolve nun contorno de organizacións do Terceiro Sector e a Economía Social e Solidarira.

A importancia que xogou a FCRE no eido da investigación en finanzas éticas permitiu afondar no modelo e no impacto do traballo impulsionado polo propio banco, grazas a fondos europeos e outros fondos públicos. Por outra banda, tamén cómpre destacar o traballo de grupo de presión contra o goberno italiano, á hora de analizar os presupostos baixo outra ollada ou mesmo na creación da rede europea de lobby para as institucións europeas- Finance Watch.

Alén de facer banca formal, con servizos operativos que resposten a outra lóxica de mercado, o traballo no ámbito sociopolítico é fundamental para unha organización como Fiare- Banca Popolare Etica.

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: