Representantes dos GITs xúntanse en Bilbao

EncontroBilbao-Outubro2013O mes de outubro está a ser intenso para algúns membros de Fiare. Como ben sabe a nosa base social un proxecto cidadán que require compromiso e implicación ten que atoparse de cando en vez en espazos grupais para profundar nos debates do momento. Esta vez os espazos foron en Padova e Bilbao para debater e reflexionar sobre diversos temas.

A primeira fin de semana, tivemos a sorte de participar no Encontro de coordinación dos Grupos Locais de Banca Etica (BpE). Foron dous días na Costigliola emocionantes e con moita reflexión. Como nova Área da cooperativa sentímonos moi acollidos/as polas persoas que se atopaban alí. Había membros desde Palermo até Trieste e desde Bilbao até Granada. Máis de 50 persoas que pretendían compartir experiencias, concretar as liñas de traballo comúns dos diferentes grupos e construír o continuo equilibrio entre a operativa bancaria e a socioestrutura dun proxecto cooperativo.

Doutra banda, a fin de semana do 18-19 de outubro estivemos en Bilbao máis de 70 persoas socias da área Fiare. O obxectivo era situar a avaliación eticosocial no marco da nova estrutura cooperativa e profundar nos contidos e os roles de quen exerce a comunicación do proxecto a nivel territorial. Unha vez máis, puidemos compartir bos momentos coñecendo mellor as diversas realidades e orientando o novo marco de traballo para a avaliación eticosocial.

Nesta etapa de transición entre o modelo de axente de Banca Popolare Etica (BpE) e o próximo ano cando teñamos oficialmente establecemento, é unha oportunidade e un valor que as persoas que forman parte do proxecto poidan achegar a súa experiencia e reflexión na creación de novos marcos de traballo.

Unha vez máis, grazas por estar aquí e construír diariamente Fiare-Banca Ética!

Fonte: www,proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: