Os GITs galegos “toman” Bilbao!

Os días 18 e 19 de outubro, representantes tanto do GIT norte coma do sur acudimos ao I Encontro da oficinaFiareÁrea Fiare. A reunión foi nesta ocasión, en Bilbao onde fomos recibidos de xeito marabilloso pola Universidade de Deusto, que non só puxo as súas instalacións ao noso servizo para levar a cabo a xuntanza senón que ademais aloxounos aos máis de 70 representantes de tódolos GITs do estado que acudimos.

Nesta ocasión tratouse aspectos das áreas de comunicación e da avaliación ético-social. Por unha banda situar o traballo ético-social e marcar os aspectos clave do seu importante labor na nosa cooperativa bancaria e por outra afondar tanto no traballo de comunicación como nas persoas e nos aspectos a desenvolver.

Puxéronse as bases de ambas as dúas áreas, fíxose a presentación por parte de cada membro dos diferentes GITs das boas prácticas que cada un de nós pon en práctica, considerouse a división por zonas nas que se trataron aspectos en común e a mellora da coordinación, ademais unha novidade foi a presentación da nova ferramenta de traballo en común como é a Intranet. Foi un traballo intensivo e enriquecedor, no que non só compartimos experiencias a través de dinámicas de traballo participando conxuntamente, senón tamén o enriquecemento a través das fórmulas de traballo de cada un de nós.

traballoEstas xornadas remataron cun dos aspectos máis fermosos, contar o que cada un de nós nos levamos deste encontro: a aprendizaxe, a colaboración, a participación e algo que é fundamental, pórlle cara ás voces que traballan desinteresadamente cada día por este fermoso proxecto.

Quedou de manifesto a realidade de que Fiare se convertirá na V Área de Banca Popolare Etica (Banca Etica) nun proceso irreversible e que está a punto de fortalecer a ambas entidades Como mostra deste feito, contamos coa presenza de Marco Piccolo, responsable da Área Sociocultural de Banca Etica, que participou en ambas xornadas dun xeito moi activo e sorprendido por todo o traballo e a participación que se atopou por parte das máis das 70 persoas que chegaron de todo o estado español.

En resumo, en palabras de Peru Sasia: “Non consumimos banca ética, construímos banca ética. Non nos preocupemos polo que che pode dar senón polo que podemos facer xuntos e xuntas”.

Comunicacion-Fiare

Grupo de Comunicación de Fiare

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: