O material da xornada de GIZARTEKOOP xa está dispoñible na Web de FOROKOOP

gizarte-koopLugar da noticia: Bilbao.

Forokoop é un foro de debate cooperativo promovido por KONFEKOOP – Confederación de Cooperativas de Euskadi-  e CSCE  -Consello Superior de Cooperativas de Euskadi- para reflexionar sobre temas cooperativos. O pasado 9 de outubro este foro organizou en colaboración con REAS Euskadi a xornada GIZARTEKOOP centrada nas cooperativas de iniciativa social.

Neste enlace: http://www.forokoop.coop/vii/es/dossier podedes atopar un dossier cos materiais xerados na xornada, entre os que se poden atopar entrevistas ás persoas participantes, material fotográfico e seguimento informativo.

As cooperativas de iniciativa social que participaron no panel de debate foron: Grupo SSI, Grupo peñascal, FIARE, Colaborabora e Red Social Koopera. Este debate estivo moderado por Luís Guridi, Director do Instituto de Estudos sobre Desenvolvemento e Cooperación Internacional -HEGOA- da UPV/EHU.

A presentación das xornadas estivo a cargo de Javier Goinetxea, presidente de KONFEKOOP, María Ubarrenetxea, Directoria de Economía Social e RSE do Goberno Vasco, Juan Mª Aburto, Conselleiro de Emprego e Políticas Sociais e Carlos Askunze, Coordinador de REAS Euskadi.

A xornada pechouse cun relatorio de Joan Segarra Director da área de Sociedades de Iniciativa Social. As conclusións estiveron a cargo de Jose Mª Larrañaga socio-cooperativista e  membro do Consello Reitor en Copreci S.coop.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: