“Sementemos novas sementes” – Boletín 24 – Coop57

portada_but24_castAutor/a: Coop57

Editorial deste número

É o momento de expornos se debemos ir máis aló, de camiñar lonxe. Pode ser interesante explorar novas formas para vertebrar e estruturar dinámicas que nos permitan dar un paso adiante para traballar a transformación social desde a construción de novas realidades socioeconómicas no ámbito local. Seguindo os principios de arraigamento territorial e de traballo de proximidade, Coop57 debería dar un paso máis aló e engadir, á súa actividade orixinaria de intermediación financeira, unha aposta para converterse, tamén, nunha entidade que promova o desenvolvemento local traballando un triplo eixo: tecido social, instrumento financeiro e administracións locais.

O tecido social como motor e protagonista do proceso xa que é desde onde nace todo, é onde radica a forza e a vitalidade dos novos proxectos, ideas e cambios de modelos de produción e consumo. Novas formas de traballo colectivo e de creación de valor social, que xeren emprego estable e digno, onde se vertebre o tecido produtivo con fórmulas que fomenten a democracia económica, a distribución equitativa da riqueza e dos excedentes e o fortalecemento dos lazos comunitarios e de boa veciñanza.

O papel que debería xogar Coop57 sería o que sempre foi: ser unha ferramenta ao servizo da transformación social. O instrumento financeiro como engrenaxe na súa función de canalización de recursos cara á facilitación financeira dos proxectos. Poder apoiar a viabilidade dos proxectos con respaldo económico. Pero tamén ir máis aló de ser simplemente acredores e ser portadores de modelos inspiradores de desenvolvemento local para proxectos enmarcados dentro da economía social e solidaria que leven implícitos os valores de xestión democrática, equitativa, solidaria e respectuosa coas persoas e o territorio.

Sen esquecerse que todo parte desde a organización de base e da vertebración do tecido social, sería desexable que as administracións locais se sumasen a este proceso. Debemos poder crear as condicións para que nos acompañen. E se o fan, ben, pero senón, tamén. Porque sabemos que o éxito de modelos de desenvolvemento local son as persoas e a súa organización en proxectos colectivos. As administracións locais poden favorecer este proceso como xeradoras de confianza e de acompañamento para o desenvolvemento socioeconómico dos seus concellos. Poden deseñar ferramentas e recursos para fomentar a promoción económica destes proxectos, pór recursos económicos e materiais a disposición destas iniciativas, engadir cláusulas sociais na contratación pública e facilitar solucións aos obstáculos cos que poden chocar os novos proxectos locais.

Nun mundo globalizado onde o éxito cóntase por millóns de moedas e de clientes, a lóxica da transformación social convéncenos, cada vez máis, que esta é máis potente e efectiva desde o mundo local e que será a metástase benigna destas iniciativas, arraigadas ao territorio e ás persoas, as que propiciarán o cambio global.

Por tanto, traballemos para a relocalización e redimensión da economía, dos circuítos curtos, do coñecemento mutuo e a confianza, de tecer redes e dos cambios na vida cotiá como o que realmente pode aumentar a calidade de vida das persoas e reverter as dinámicas destrutivas que o modelo económico presente ofrécenos. Ser máis soberanas e menos dependentes do ditado das grandes forzas extractivas que desde arriba, en fervenza, van deixando caer unha choiva aceda de dificultades cara ás condicións de vida da maioría.

Xuntarnos entre todas para crear novos paradigmas que, á vez, vaian empequenecendo até incapacitar aquilo que nos atenaza e afoga. Trátase de virarnos, mirarnos unhas a outras, atopar e xerar complicidades e construír, construír e construír. Crear novas maneiras empoderadoras de desenvolvemento económico, social e humano. Deixar de ser espectadores para pasar a ser actores. Actores activos dun cambio social profundo que, aos poucos, vaia desviando o centro de gravidade dos valores presentes até pór as persoas, a xustiza social e o desenvolvemento sustentable no centro.

E saber que todo isto é posible, desde o traballo constante e consciente. Entendéndoo desde a perspectiva máis alentadora, o optimismo é un deber e unha virtude que hoxe, máis que nunca, débenos acompañar no noso día a día.

Descarga o boletín en castelán, ou catalán

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: