Unha fin de semana para a economía solidaria na Galiza: a elixir!

A economía social e solidaria continúa a espallarse por todo o territorio galego e proba disto son tódalas actividades que se están a preparar para esta fin de semana, nalgunhas das cales estará presente Fiare Galiza para fomentar a construción das finanzas éticas. Botade un ollo ao axustado “calendario” e tratade de multiplicarvos para non perdervos nada!

programa-xornadas-movementossociaisIniciaremos a fin de semana hoxe, venres 8 de novembro de 2013, ás 16:00 horas co “Encontro de Experiencias ao redor da Soberanía Alimentaria na Compra Pública de Alimentos”, xornada encadrada na campaña “Curtocircuíto”, que está sendo desenvolvida por VSF-Xustiza Alimentaria Global en todo o estado español e coa colaboración do Sindicato Labrego Galego na Galiza.  Será un punto de partida para crear un foro de debate e intercambio de experiencias entre labregos e labregas e axentes implicados na compra pública de produtos alimentarios. Continuamos coas Xornadas sobre Movementos Sociais organizadas pola Coordinadora Galega de ONGD (CONGD). Venres e sábado, 8 e 9 de novembro de 2013, estarán presentes economistas sociais e activistas, movementos e organizacións ecoloxistas e internacionalistas, que dinamizarán o encontro a través de coloquios e mesas de debate. Fiare Galiza será a encargada, o sábado pola tarde, de presentar as finanzas éticas na Galiza, así que a banca ética andará tamén en boca das persoas participantes nestas xornadas.

O sábado, 9 de novembro, haberá que comezar a dividirse un pouco porque en Terras de Caldelas celebrarase a asemblea de REAS Galiza, onde varias entidades socias de Fiare Galiza están a participar para a construción conxunta dunha rede galega de economía alternativa e solidaria. O proxecto do Mercado Social galego elixe tamén esta fin de semana para promover esta importante iniciativa: haberá encontros de promoción e construción colaborativa en varias localidades galegas, desde o venres ata o luns.

FEIRA NA EIRA DA XOANAPor último, o domingo, 10 de novembro, podemos ir a Bueu ou a Agolada, difícil elección tamén. En Bueu, Horta Agrelo organiza o II Mercado Ecolóxico e Artesanal coa presenza de numerosas iniciativas de economía alternativa e solidaria e unha programación de obradoiros e charlas moi variada, incluíndo unha proxección e charla-debate sobre finanzas éticas a cargo de Fiare Galiza. Por outra banda, en Agolada, unha vez máis a Eira da Xoana continúa a ser un motor de promoción do rural galego a través esta vez da IV Feira da Xoana.

Despois de todo este abano de posibilidades… quen pode quedar en casa na fin de semana? Con choiva moito mellor!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: