COOPERA sound system: a banda sonora das alternativas!*

Por Xavier Rubio. Activista e cooperativista de FIARE BANCA ETICA

Será polas altas temperaturas de outubro, pero os voceiros do amo CAPITAL gritan e berran a “canción do verán” máis falsa dos últimos tempos: “atísbase a saída do túnel da crise económica”. Só o poden apreciar as 100 “personalidades” que, segundo a lista Forbes, posúen máis de 300 millóns de euros, cun tal Ortega liderándoa con 47.600; pero para o 99,99% da sociedade continúa soando “outra música” cotiá: non é unha crise, é unha estafa.

Ante isto moitas persoas non nos resignamos e estamos a compor unha nova banda sonora, o COOPERA sound system, que con melodías e ritmos contemporáneos, fusiona unha pluralidade de tradicións e culturas. Á maneira de DJs sound system, as alternativas constrúense en rede, e son itinerantes, porque queremos difundir  e compartir  que existe  outra “música”. Se poñedes atención e abrides as orellas neste vídeo poderedes escoitala, ademais de ver alternativas.

És la força de les coses, és la força del treball…

É a forza das cousas, é a forza do traballo que realizamos persoas, entidades, institucións, redes e territorios desenvolvendo os valores universais que deben rexer a sociedade e as relacións entre toda a cidadanía: a equidade, a xustiza, a fraternidade económica, a solidariedade social e a democracia directa(http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-monedas-c…).

Una economia fora del circuit del capital és on es materialitza la democràcia radical…

Unha economía fóra do circuíto do capital onde se materializa a democracia radical, como sucede cos mercados sociais e as moedas alternativas. Durante o día e medio de duración da II Fira d’Economia Solidària de Catalunya usouse o ECOSOL como moeda social alternativa e única forma de pago de bens e servizos (37.000, 20.000 máis que en 2012). O ECOSOL tamén toma forma dixital e garante o uso ás empresas e proxectos da economía social catalá e consumidoras responsables que forman e formarán parte do mercado social.

I gaudim del nostre temps, compartint tots un espai, reinventem-nos el consum sa, millor i més barat…

E gocemos do noso tempo, compartindo todos un espazo, reinventemos o consumo san, mellor e máis barato, como sucedeu o 26 e 27 de outubro, os 1.500 m2 de espazo no antigo complexo fabril da Fabra i Coats do barrio de Sant Andreu de Barcelona, compartíndoo e reinventándonos máis de 180 empresas e entidades e 12.000 persoas; como sucederá na Praza e o Mercado do Ensanche de Bilbao o 16 e 17 de novembro na primeira Feira de Economía Solidaria de Euskadi  e como sucedeu en Madrid o 1 e 2 de xuño.

Reviscola l’esperança, refundem la dignitat, ateneus, cooperatives, pobles autogestionats.

Renace a esperanza, refundamos a dignidade, ateneos, cooperativas, vilas autoxestionadas, en territorios, cidadese vilas de longa tradición e, tamén, noutros que se está forxando exnovo, en calquera lugar onde persoas inquedas constrúen, día a día, unha realidade máis xusta… Así en Aragón, Catalunya, Euskadi, Madrid e Navarra xa se están creando mercados sociais (http://www.mercatecosol.cat/).

Reapropiem-nos de la vida al treball cooperatiu, en salut i en energía i a un ensenyament actiu …

Volvamos facernos propietarios do traballo cooperativo, en sanidade, enerxía e educación, porque é posible habitar, vestir, alimentarse, educarse, reculturizarse, divertirse, coidarse, comunicarse, financiarse eticamente e servir a empresas no mercado social que construímos a economía solidaria e cooperativa (https://storify.com/ABCcoop/itinerari-de-cooperatives-de-la-fesc2013-xes…).

Estenent el suport mutu, un ariet col·lectiu, premi del poble p’al poble, un cavall de troia-alfil…

Difundamos o apoio mutuo, un ariete colectivo, premio do pobo para o pobo, un cabalo de Troia-alfil, como fai REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), rede de redes que agrupa actualmente no estado español a máis de 300 entidades e empresas organizadas en 13 redes territoriais e dous sectoriais que son a Asociación AERESS de Recuperadores e a Banca Ética FIARE; en REAS están actualmente implicadas directamente 18.500 persoas, das que 6.686 son postos de traballo retribuídos. En conxunto o movemento da economía alternativa e solidaria move ao redor de 220 millóns de euros anuais (http://www.economiasolidaria.org/files/Articulo_REAS_en_revista_Galde.pdf).

Competir és un luxe que només pot permetre’s l’1%. Coopera!

Competir é un luxo que só se pode permitir o 1%. Coopera! Niso estamos, neste artigo, neste blog, nas entidades que participamos da economía social, solidaria e cooperativa, construíndo alternativas ás formas dominantes competitivas de produción, distribución e consumo; e facémolo con outro modelo e valores: COOPERAR.

*Este artigo, está inspirado e reproduce fragmentos, da canción COOPERA do disco 3.0 do grupo ORXATA.

Fonte: Idearia.  Prácticas e reflexións desde a Economía Solidaria.

idearia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: