Avanzamos cara ao futuro

Asemblea-Fiare-2013Novembro, 2013

O proceso de integración con Banca Popolare Etica segue o seu rumbo. Como ben sabemos e por instrucións da nosa base social, iniciamos en 2012 unha aventura que sabiamos que non sería fácil e que requiriría esforzo, compromiso e perseverancia. O primeiro ano foi de avances a nivel sociopolítico, recoñecernos entre as partes, entendernos ben ámbalas dúas organizacións e sentar as bases do que sería o futuro banco cooperativo en ambos os dous países. Este ano, porén, centrámonos en facer avanzar o noso reto na operatividade, tanto dende a perspectiva financieira como dende a da articulación social, tan importante para nós.

Posteriormente, ás Asambleas de Fiare e BpE, durante o primeiro semestre do ano, enviamos a solicitude ao Banco Central Italiano, o organismo encargado legalmente de autorizar a internacionalización da cooperativa. No segundo trimestre do ano, Banca Popolare Etica (Banca Ética) recibiu unha inspección rutinaria do Banco Central Italiano. Este acontecemento supuxo por unha banda a boa noticia de pechar a inspección cun ditame favorábel por parte do Banco de Italia, mais á vez un paro administrativo de catro meses na resolución da aprobación para a apertura das operacións como entidade establecida no Estado español. A reactivación da solicitude ten como data límite a primeira semana de decembro, polo que agardamos que o proceso de establecemento se vaia concretando durante o primeiro semestre do 2014.

No eido sociopolítico, os avances foron máis visíbeis. No mes de outubro, acudimos á formación de coordenadores de GIT de Banca Ética. Estivemos presentes cinco representantes da Área Fiare xunto a outras sesenta persoas coordenadoras das outras catro Áreas da Cooperativa.

Durante o mes de outubro, organizamos o noso primeiro Encontro de Área na cidade de Bilbao, con membros de todos os Grupos Locais (setenta persoas), para traballar na avaliación ético-social no marco da estrutura cooperativa, a comunicación do proxecto e intercambiar boas prácticas de todos os grupos. Durante o mes de decembro, Banca Ética organizará o seu Encontro anual do Sistema en Rimini e participaremos dez persoas da Área Fiare.

De cara a 2014 podemos anunciar a Asemblea da Área Fiare en Barcelona o 29 de marzo e a Asemblea do conxunto da Cooperativa o 24 de maio.

Fonte: Fiare.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: