O GIT Galiza Sur convoca a súa primeira asemblea de socias

manEste sábado, 23 de novembro de 2013, terá lugar en Vigo a I Asemblea do GIT Galiza Sur para persoas socias de Fiare dos territorios cubertos polas provincias de Ourense e Pontevedra. A cita abarcará toda a mañá no local da Fundación Proclade e prevese a asistencia de persoas socias dos grupos locais de Vigo, Pontevedra e Ourense, principais motores de difusión do proxecto na “zona sur”. Haberá espazo para o debate e a formación interna, no marco dunha orde do día que inclúe áreas de traballo como a operativa bancaria que queremos na nosa cooperativa ou o Manifesto político de Banca Popolare Etica (BpE) como documento a actualizar nesta etapa de integración na cooperativa de crédito.

Trátase dunha cita importante e transversalmente a orde do día incorpora unha proposta de fomento da participación, aspecto fundamental para o fortalecemento das finanzas éticas na Galiza. Actualmente somos máis de 350 persoas socias no noso territorio – 320 persoas físicas, 33 organizacións e 1 concello- , polo que o crecemento en capital social vai en aumento e en Galiza actualmente sumamos unha achega total de 121.830 euros. Estas cifras son resultado dunha alta implicación das persoas socias nas accións desenvolvidas polo GIT Sur en Galiza.

A asemblea desenvolverase nunha xornada aberta á participación e despois haberá un xantar compartido entre tódalas persoas asistentes. Desde o GIT Galiza Sur convidámosvos a asistir a esta importante xuntanza a tódalas persoas interesadas na construción das finanzas éticas.

Onde?

No local da Fundación Proclade: Rúa Honduras, 7, en Vigo.

Cando?

Este sábado 23 de novembro, de 10:00 a 14:30 horas.

Orde do día:

  • 09:30-10:00 Café de benvida.
  • 10:00-10:15 Presentación da asamblea.
  • 10:15-10:45 O proceso de redefinición de servizos/produtos bancarios.
  • 10:45-11:30 Conclusións do encontro estatal de GITs.

1. Introdución e obxectivos.
2. Avaliación Ético Social.
3. Comunicación.

  • 11:30-12:00 Rogos e preguntas.
  • 12:00-12:30 Descanso.
  • 12:30-14:00 O proceso de integración con BpE.

1. Momento actual.
2. Mirando ao futuro.  Retos.
3. Manifesto BpE.

  • 14:00-14:30 Rogos e preguntas.
  • 14:30 Xantar compartido.

Sen máis, lembrámosche o importante que consideramos a túa asistencia para reforzar todo este traballo, xa que somos as persoas socias as que lexitimamos e lle damos identidade a Fiare-BpE. Agardamos contar contigo nesta xornada!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: