Intercambio e aprendizaxes sobre sistemas económicos inclusivos e solidarios

Sábado, 30/11/13. Lugar da noticia:  Quito – Ecuador.

O crecemento económico de América Latina contrasta coa inequidade existente, o cal preocupa á sociedade no seu conxunto e é punto crucial da axenda de desenvolvemento na rexión. Isto busca ser enfrontado desde distintos actores, visibilizándose iniciativas desde o Estado tanto a niveis nacionais como territoriais/locais que abren oportunidades de inclusión para poboación en pobreza, iniciativas desde a sociedade civil organizada e tamén accións desde a cooperación para apoiar aos actores.

Do 25 ao 27 de Novembro en Puembo, Ecuador tivo lugar o Seminario: “Políticas públicas e prácticas para a promoción de sistemas inclusivos e solidarios” para compartir e aprender de diversas perspectivas e experiencias en marcha. O evento foi organizado por ASOCAM e contou coa participación de 55 delegados de 12 países e 3 continentes, representantes de entidades públicas, movementos de sociedade civil, academia e cooperación internacional.

O seminario xerou un espazo de intercambio e aprendizaxe, baseado en experiencias, que achegaron elementos crave e orientacións útiles para que os movementos sociais, os xestores de política pública e os programas de desenvolvemento promovan eficazmente sistemas económicos inclusivos e solidarios a nivel latinoamericano.

Como resultado do Seminario de Políticas públicas e prácticas para a promoción de sistemas económicos inclusivos e solidarios, poden visitar o Blog http://www.economiainclusivasolidaria.info onde se están colgando insumos e materiais do Seminario. Os temas centrais foron os seguintes:

  • Políticas públicas.
  • Circuítos Económicos Solidarios.
  • Finanzas Solidarias.

Poden ver as mellores fotos do Seminario nesta LIGAZÓN

Entre outras organizacións participaron as redes de economía solidaria de Ecuador (MESSE), Perú (GRESP), Bolivia (MESyCJ), Canadá (Le Chantier de l’économie sociale) e España (REAS).

O Seminario estivo organizado polo servizo de Xestión do Coñecemento ASOCAM e as institucións Intercooparation América Latina ic-AL, HELVETAS Swiss Intercooperation HSI, Axencia Suiza Para o Desenvolvemento e a Cooperación COSUDE, Instituto de Estudos Sobre Desenvolvemento e Cooperación Internacional HEGOA e a Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: