Reflexións sobre o cooperativismo agrario. Novo número da revista “Soberanía Alimentaria”

revista 15Apreciadas amigas e amigos,

presentámosvos o novo número da revista “Soberanía Alimentaria” dedicado a analizar, con mirada crítica e voces do campo, o cooperativismo agrario.

Como dicimos na editorial, empezamos a pensar este número coa idea de facer achegas ao debate do cooperativismo no mundo rural e atopámonos que na  palabra “cooperativa” conflúen as correntes de pensamento máis afastadas, esas que pensabamos que xamais veriamos xuntas. Isto tradúcese nalgunhas prácticas diversas e dispares que atopamos nese lugar: visión empresarial buscando o máximo beneficio, xestión colectiva horizontal, mercado de exportación, revalorización do local e articulación territorial, burocracia, alegalidade… brancos, negros e toda a gama de grises.

E non é que atopásemos un lugar onde, como as festas dun idílico pobo, poder recoñecernos, entendernos e ser felices.

A palabra cooperativa e toda a súa carga orixinal de principios e teorías, deixouse arrastrar como tantas outras cousas, polos valores da acumulación, a procura de beneficios sen máis e desde logo, cargando cun pensamento patriarcal. Nese traxecto deixou un ronsel de posibilidades e todas se seguen chamando cooperativas Non nos enganemos, aínda que teñan o mesmo nome non falamos dun mesmo lugar!

Entón que é en realidade unha cooperativa? Pode ser unha ferramenta para construír soberanía alimentaria como pensabamos ao empezar a elaborar este número? A clave non é así de sinxela, porque pode que a pregunta debera ser outra, que queremos que sexa iso de “cooperativa”?

Recompoñámoslas desde hoxe, desde o saber facer as cousas mal e saber que non nos gustan e por que.  Non se trata de volver onde o deixamos, de volver ao momento da redacción das teorías e volver aplicalas doutra maneira. Temos memoria, algo de gran valor, e saber usala debe ser a nosa principal habilidade.

Por iso, pensamos que máis que usar as cooperativas para construír soberanía alimentaria, deberiamos usar a soberanía alimentaria -e os movementos sociais rupturistas en xeral- para recompor e reinventar a idea de cooperativa.

E para contribuír a este fin, neste número da revista queremos, en primeiro lugar, repasar a memoria para tela presente, escoitar as voces campesiñas que forman parte de cooperativas e achegar as reflexións da economía feminista, que amplía horizontes e proporciónanos novas pezas de transformación radical. E tamén nos achegamos a experiencias que, convencidas, identifícanse coa palabra cooperativa e móvense ao compás doutras melodías, as que recoñecemos como próximas á economía solidaria, a un bo vivir, ao mundo que soñamos.

DESCARGAR A REVISTA EN PDF.

LER DIRECTAMENTE EN PANTALLA.

Fonte: Revista “Soberanía Alimentaria”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: