Encontro do Sistema, un paso cara á integración

Decembro, 2013

BpE-sociasPor segundo ano consecutivo a área Fiare participou no Encontro do Sistema de Banca Popolare Etica (Banca Ética ou BpE) en Rimini. Un espazo de debate entre os/as representantes políticos, traballadores/as e as diversas entidades que traballan ao redor de Banca Ética.

Só empezar o Encontro Ugo Biggeri (presidente de BpE) anunciou que o Banco de Italia esgotou os 60 días e non obxectou nada respecto ao Plan de Integración BpE-Fiare. Por tanto o silencio é positivo e temos luz verde para seguir coa integración de ambas as dúas organizacións. Nos vindeiros 30 días o Banco de Italia notificaralle ao Banco de España que a apertura vaise realizar e polo tanto o primeiro semestre do 2014 centrarémonos en avantar en todas as cuestións técnicas que o avance legal nos permite neste momento. Entre elas temos o deseño da nova imaxe de Fiare-Banca Ética, que esperamos ter para a Asemblea de finais de marzo, a firma do contrato definitivo co provedor de software de banca, a formación do persoal laboral, as obras da oficina central que será a de Bilbao e o número para o novo establecemento.

O Encontro significou dous días cheos de debates sobre a crise, o funcionamento do banco, a ampliación e integración con Fiare, o papel das mulleres nun proxecto cooperativo e transformador como este e o núcleo central do debate a revisión do Manifesto Político.

O Manifesto elaborouse a principios da década do 2000 para dotar de liñas políticas o proxecto e ter un documento marco. Unha década despois, ante os cambios económicos e sociais e a consolidación da integración con Fiare, o Consello de Administración creu oportuno abrir un debate cos diferentes membros do sistema para revisar o documento e co fin de que o novo documento reflicta a situación actual. As diferentes Áreas de Banca Popolare Etica están a traballar nel e facendo as súas achegas, de tal xeito que será aprobado na vindeira Asemblea.

A Asemblea da área Fiare será o vindeiro 29 de marzo en Barcelona. Esperámosvos!

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: