Vídeo Mercado Social

Aquí podedes ver o vídeo realizado por REAS Euskadi titulado “Mercado Social. Outra Economía para unha vida mellor”.

Máis información: Portal de Economía Solidaria.

Gran éxito da I Feira de Economía Solidaria

Lugar da noticia: Donostia.

Os días 16 e 17 de novembro de 2013, celebrouse na praza e o mercado do Ensanche de Bilbao, a I Feira de Economía Solidaria de Euskadi, na que se presentou publicamente o Mercado Social, unha rede de produción, distribución, financiamento e consumo de bens e servizos producidos baixo criterios de equidade, sustentabilidade ambiental e democracia.

Esta feira, organizada por Reas Euskadi, viña precedida por outras que se celebraron en diversos territorios do Estado: Aragón, Barcelona, Madrid, todas elas cunha gran afluencia de público e xeradoras dun interese considerable tanto nos medios de comunicación como na cidadanía, unha cidadanía en busca de alternativas económicas que se rexan por valores distintos aos do capitalismo. Alternativas que xa son unha realidade, humilde pero en crecemento.

50 entidades e empresas sociais deron vida durante día e medio ao atrio do Ensanche. Un espazo baleiro converteuse da noite para a mañá nunha feira, nun Mercado Social físico, onde se podían atopar produtos e servizos de empresas de inserción que xeran emprego para persoas en situación de exclusión; empresas cooperativas que comercializan seguros éticos ou enerxías renovables, que dinamizan procesos de empoderamiento e de equidade de xénero ou que traballan no ámbito da comunicación desde a perspectiva do consumo responsable; iniciativas de banca ética; organizacións que traballan en clave de Soberanía Alimentaria e de Comercio Xusto e que ofrecían desde queixos, pans e iogures a verduras, marmeladas, chocolate ou café.

De forma simultánea organizáronse 11 charlas sobre diversas temáticas que suscitaron un gran interese entre o público e, na carpa situada na praza, houbo actividades infantís e unha zona na que se puideron degustar produtos locais e pola noite, gozar da música en directo de La Baldosa Flotante.

4.561 persoas pasaron pola feira nese día e medio: persoas de todas as idades, curiosas, consumidoras responsables, inquedas, coñecidas moitas, descoñecidas moitísimas máis. Máis de 400 participaron nas charlas e talleres e 550 nenos e nenas nas actividades infantís. Todas estas persoas deron sentido á realización desta feira e á existencia do Mercado Social de Euskadi, que pon en práctica, como dicía a lema da feira, outra economía para unha vida mellor.

A feira serviunos para darnos conta do potencial que temos cando facemos cousas xuntas, cando inter-cooperamos. Por iso o traballo non remata aquí, máis ben está a empezar. Non é tempo de camiñar en solitario, é tempo de seguir construíndo alternativas e de gozar de cada pequeno logro, conseguido co esforzo de tantas persoas. Vémonos na próxima feira, pero sobre todo, vémonos no día a día do Mercado Social e da Economía Solidaria.

Leire Álvarez de Eulate (REAS Euskadi).

Fotografías da Feira

Fonte: Observatorio Vasco de Economía Social / Gizarte Ekonomiako Euskal Behatokia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: