Historia de Banca Etica

BancaEticaBanca Popolare Etica (Banca Etica ou BpE) propón unha experiencia bancaria diferente, ofrece todos os principais produtos e servizos bancarios para personas físicas e familias ou para organizacións e empresas.

Iniciamos a actividade no 1999.  A nosa historia parte desde a base, grazas ao impulso de tantas persoas e organizacións que creron no proxecto e se uniron para constituír unha institución de crédito inspirada nas finanzas éticas.

Desenvolvemos a actividade bancaria unida aos nosos principios fundacionais como aparecen reflectidos no artigo 5 dos nosos estatutos: transparencia, participación, equidade, eficiencia, austeridade, atención ás consecuencias non económicas das accións económicas, crédito como dereito humano.

Co aforro recolleito financiamos organizacións que operan en catro sectores específicos: cooperación social, cooperación internacional, cultura e tutela ambiental. Un dato verificable e público: Banca Etica é o único banco en Italia que informa sobre todo o financiamento concedido.

Somos unha cooperativa de crédito onde a xestión democrática está asegurada e a libre participación das persoas socias vén dada polo principio de “unha persoa, un voto”. O noso perfil institucional é expresión da vontade da nosa base social xa que sen esta non tería razón de ser.

Fonte: Storie di finanza etica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: