Ano 2013, un bo ano para a banca ética.

BancaEticaO 2013 foi un excelente ano no proceso de construción social dunha ferramenta bancaria ética e alternativa vinculado á economía social e solidaria como é Fiare-BpE.  Pechamos o Balance social de FIARE con datos que nos demostran que a participación neste gran proxecto aumentou e que estamos desexosos de que a luz verde do Banco de Italia siga a dar pulos nas grandes novidades destes primeiros meses do ano 2014.  A 31 de decembro de 2013 xa somos 4.772 socios e socias (4.256 persoas físicas e 516 entidades) e 4.659.940 euros de capital social recollidos.  Resaltamos que puidemos acoller a 1.163 novas persoas socias en 2013. 

Lembrámosvos que concretamente en Galiza temos:

  • Total Capital Social (31 de decembro de 2013): 129.630,00 €.
  • Total Fondo Perdido (31 de decembro de 2013): 27.918,47 €.
  • Base Social: a 31 de decembro de 2013 Fiare Galiza conta coa participación de 33 organizacións e un concello e 323 persoas físicas.

Como podedes observar en Fiare Galiza somos 323 persoas socias físicas, 34 persoas socias xurídicas (incluído o concello de Manzaneda e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso) (a 31 de decembro de 2013), estas últimas son: ADEGA, Abeiro Social S. Coop. Galega, AIS “O Peto”, Altermundo, Andaime engenharia social e cultural, Árbore, ARELA, Arela Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade, Asociación Amarante, Asociación Educativa ANSE (Alimentación Nutrición Saúde Educación), Asociación Xuvenil Abertal, Cáritas diocesana Tui-Vigo, Centro Cultural Rueiro, Comité Óscar Romero de Solidariedade de Vigo, Congregación Hermanas Carmelitas de la Caridad Vedruna, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento,  Coto do Frade, Dominicas e Dominicos de Vigo, Enxeñería sen Fronteiras, HOAC Vigo, Irimia, Niquelarte, O Grelo Verde, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Solidariedade Internacional, Verdegaia, Vichelocrego Teatro de Gondomar, Zocamiñoca. Estes colectivos contan co apoio doutros que teñen pensado pertencer á Fiare Galiza nos vindeiros meses.

Anímate e participaCONSTRUÍMOS BANCA ÉTICA!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: