Bo remate do ano 2013 e gran inicio do ano 2014!

programa-xornadas-movementossociaisDSC00862Neste primeiro mes do ano 2014, imos botar unha ollada atrás para ver como rematou o ano 2013. O mes de novembro de 2013 desenvolveuse cheo de posibilidades e de encontros.  Fomos invitados pola Coordinadora Galega de ONGDs (socia de Fiare Galiza) para poder formar parte das Xornadas sobre Movementos Sociais que tiveron lugar o 8 e 9 de novembro de 2013 en Compostela.  Este venres e sábado estiveron presentes en constante diálogo e compartindo os seus saberes-faceres-quereres, economistas sociais e activistas, movementos e organizacións ecoloxistas e internacionalistas, que dinamizarán o encontro a través de coloquios e mesas de debate. Fiare Galiza foi a encargada, o sábado pola tarde, de presentar as finanzas éticas na Galiza, así que a banca ética puido tamén facerse un oco entre as alternativas e realidades que as persoas participantes nestas xornadas puideron coñecer.  A continuación tedes un vídeo cun resumo moi completo do que supuxeron estes momentos para a reflexión, o diálogo e a acción.

FernandoSabin-MS-Corunha-10XI2013Tamén resaltamos das dúas primeiras semanas do mes de novembro, concretamente do 9 ao 12 de novembro de 2013, os primeiros encontros de varios colectivos galegos que tiveron lugar en varias vilas (Tronceda, Redondela, Santiago de Compostela, Coruña, Lugo…)  paraFiare-HortaAgrelo-10nov2013 pór en marcha o Mercado Social Galego.  Nas vindeiras semanas retomaranse estas xuntanzas para ver tras a reflexión feita que podemos facer entre todos e todas para darlle forma a esta interesante iniciativa e así seguir fortalecendo os lazos que temos e creando novas sinerxias.  Por suposto non esquecemos a nosa presenza nos mercados ecolóxicos e artesanais desa fin de semana (en Bueu, II Mercado Ecolóxico e Artesanal e en Agolada, IV Feira da Xoana) e a participación no III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable organizado por Amarante-Setem o 27 e 28 de Novembro do 2013 na EGAP.

Operativabancaria-AsembleaFiareGalizaSur-23nov2013Avanzando no mes, lembramos a I Asemblea formativa do GIT Galiza Sur que tivo lugar en Vigo o 23 de novembro de 2013. Houbo unhas 40 persoas que participaron durante toda a completa xornada.  Dentro da orde do día destacamos a importancia dun espazo para tratar de potenciar a participación; votouse e aprobouse a creación dunha comisión de avaliación ético-social do GIT Galiza Sur que traballará de xeito coordinado coa comisión do GIT Galiza Norte, pero formalizouse así para no futuro poder traballar de xeito máis cercano ao territorio…  Rematamos cun xantar compartido.  Tamén tivemos moitos momentos para a exposición das últimas novidades o que permitiu que xurdiran preguntas arredor da operativa bancaria, sobre o proceso de integración…

RedesCristianas-7dec2013-FiareXa no mes de decembro, participamos o 7 de decembro de 2013 en Compostela na IV Asemblea de Redes Cristianas co taller “Transformando as finanzas para transformar o noso mundo: Fiare-BpE”. O obxectivo deste taller era difundir entre as persoas asistentes a este a necesidade de optar polas finanzas éticas como unha forma de transformar o noso mundo desde o ámbito da economía.  Asistimos a este punto de encontro persoas con sensibilidade cara a este tipo de proxectos: algunhas sen coñecemento previo de Fiare e outras con coñecementos sobre finanzas éticas (por pertencer a outras iniciativas de finanzas éticas que forman parte de Fiare noutros territorios) ou ben por ser socias de Fiare e participar de forma activa na súa difusión.  Durante o taller procedemos a realizar unha presentación introductoria que foi complementada cun vídeo e co diálogo posterior entre a maioría das persoas asistentes.  O contar coa presenza de socias activas doutros territorios axudounos a dar unha perspectiva variada do desenvolvemento deste proxecto (e outros complementarios de finanzas éticas) o que enriqueceu moito o diálogo e deulle fluidez.  Aprendemos todas as persoas participantes das experiencias vividas por todas nós, o que nos deu novas ideas para seguir difundindo e profundando no proxecto.  Realmente, este taller permitiunos ser aínda máis conscientes da importancia das sinerxías e de saber adaptar cada proxecto ás necesidades e inquietudes de cada territorio.  Consideramos que Fiare-BpE é un proxecto que merece a pena apoiar e no que debemos colaborar-participar xa que nos permite coñecer un pouco máis a realidade sanguenta á que nos levou o espírito depredador da banca convencional que supuxo a exclusión dunha gran maioría da humanidade e ademais interiorizar que hai moitas alternativas nas que involucrarse-crear que poden achegarnos e así transformar o mundo non só no ámbito da economía, senón tamén no da política, da cultural…  Dúas frases que resoaron son: «Non compartir cos pobres os propios bens é roubarlles e quitarlles a vida. Non son nosos os bens que temos, senón seus.» (San Juan Crisóstomo) e «O diñeiro debe servir e non gobernar!» (E.G., Papa Francisco).

XuntaDirectiva-dec2013Continuando coa nosa peculiar “viaxe” no tempo, o 14 de decembro de 2013 en Compostela aproveitamos para ter o derradeiro encontro do ano do GIT Galiza Norte en Compostela e a derradeira xuntanza do ano da Xunta Directiva de Fiare Galiza o que nos permitiu ir organizándonos para ter algo máis preparado o camiño para empezar o 2014 que estará cheo de grandes avances en Fiare-BpE.

Xa vedes o ben que rematou o ano 2013 polo que este ano 2014 tamén está empezando con moitas forzas renovadas tras a luz verde do Banco de Italia.  Despois das primeiras reunións do ano dos grupos locais de Compostela, Lugo, Vigo… e de algunha presentación-charla sobre Fiare (tedes toda a información no calendario de actividades) teremos mañá, sábado 25 de xaneiro de 2014, a primeira xuntanza da Xunta Directiva de Fiare Galiza na que prepararemos as Asembleas do GIT Galiza Sur e do GIT Galiza Norte e por suposto a da Asociación Fiare Galiza que terán lugar o 15 de febreiro de 2014 (si, en menos dun mes) no Carballiño.

Terémosvos informados/as de todas as novidades que acontecerán nas vindeiras semanas! Estade atentos/as!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: