Imos de Feira!

cartelcharlasMORRAZOEsta derradeira semana de xaneiro de 2014 remata chea de actividades o que non será menos durante os primeiros días de febreiro.  Hoxe, 28 de xaneiro de 2014, comezamos ás 18:30 horas coa primeira reunión do ano do Grupo Local de Ourense no local de Vento do Sul (Rúa da Paz 12, Ourense) e ás 20 horas cunha proxección acompañada de charla coloquio organizada pola Asociación Morrazo 20 20 no Centro Social Sopa de Pedra (Rúa da Guardia 7, baixo) en Cangas que leva por título “Outra banca é posible! Fiare Banca Ética, a banca en mans da cidadanía”. Mañá martes, 29 de xaneiro de 2014, ás 19:30 horas teremos no Casino do Carballiño (Rúa Tomás Mosquera 6) a Xuntanza do GIT Galiza Sur no que contamos coa túa participación de cara a darlle os últimos retoques á Asemblea do 15 de febreiro de 2014.

A fin de semana tamén teremos varios momentos para o encontro xa que dende o Grupo Local de Vigo decidimos participar cunha mesa informativa na Feira de Produtos Tradicionais Galegos organizada pola SGDCP (Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio), que se celebra o primeiro sábado de cada mes. A vindeira feira terá lugar o sábado 1 de febreiro na praza da Pedra cun horario de 10:30 a 19:00.  fiare04Consideramos esta feira un lugar óptimo para poñer unha mesa informativa e chegar a máis persoas e poder explicar nós directamente en que consiste o noso proxecto. Nas distintas mesas informativas xa levadas a cabo, foronse achegando persoas socias para colaborar, para eles mesmos aprender ou poder preguntar dúbidas e sobre todo para apoiar e coñecer a outras persoas socias. Nesta ocasión, queremos que esta feira sexa unha oportunidade para a difusión de Fiare pero tamén unha ferramenta de encontro e achegamento das persoas socias do GL de Vigo, nun entorno no que poder tomar algo xuntas, conversar e coñecernos.  Todos os sábados primeiros de mes acudiremos a esta feira e gustaríanos que si non podes nesta ocasión, te animes nas vindeiras a achegarte ao posto de Fiare e participar nesta iniciativa. Agardamos contar contigo!

Cartaz-AsembleaOPeto-febreiro2014-reducO mesmo sábado, día 1 de febreiro de 2014, pola tarde tamén estaremos presentes na Asemblea anual dunha das nosas socias fundadoras, AIS O Peto.  Neste caso será na cidade de Vigo (Rúa Honduras 7, baixo). O motivo de que este ano non sexa en Santiago de Compostela é que lles pareceu que chegara o momento de acudir a outros lugares de Galiza onde hai un número significativo de socios e socias, como “apoio” ao seu traballo e participación nesta asociación. Animámoste a que te achegues ás actividades que ao longo da tarde realizaranse no local de Proclade, onde xunto coa asemblea propiamente dita, farase una exposición de dous dos proxectos financiados neste pasado 2013 e contarase ademais coa presenza de Manolo Sáez, de Baladre, unha das persoas que neste país máis ten traballado no tema da renda básica, tanto a nivel teórico como “sobre o terreo” a través de diferentes iniciativas nas que estivo e está involucrado.

Alí estaremos! Participa!

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: