15 de febreiro de 2014, gran día para Fiare en Galiza!

Estimadas/os socias/os:

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bAchegámosvos nesta nova as convocatorias para as Asembleas do GIT Galiza Sur e do GIT Galiza Norte e para a Asemblea Xeral da Asociación Fiare Galiza, que terán lugar o vindeiro sábado 15 de febreiro de 2014 no horario que se indica embaixo, no Casino do Carballiño, sito na Rúa Tomás María Mosquera, 6 (32500 O Carballiño, Ourense). Nos vosos respectivos correos poderedes consultar a documentación (cronograma orientativo, informes…) necesaria para ter acceso a toda a información precisa. 

Comentámosvos tamén que contaremos coa presenza de Juan Garibi (director xeral de Fiare) que nos permitirá estar totalmente ao día das últimas novidades na evolución do proxecto.

Para calquera dúbida podes contactar a través de persoassocias@fiaregz.com

A orde do día orientativa das ASEMBLEAS dos GITs (GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur) é a seguinte:

  • 10.30-13.05 h.: Asembleas dos Grupos de Implantación Territorial (GITs) Galiza Norte e Galiza Sur (benvida, presentación de informes, elección das persoas representantes dos GITs…).
  • 13.05-14.00 h.: Situación do proceso xeral de integración Fiare-BpE. 
  • 14.00-14.15 h.: Información sobre as asembleas que están por vir: estatal (28-30 de marzo de 2014 en Barcelona) e a xeral (25 de maio de 2014 en Nápoles).
  • 14.15-16.15 h.: Xantar Compartido (cadaquén pode achegar o que considere).

A continuación podedes consultar a orde do día orientativa da ASEMBLEA da ASOCIACIÓN FIARE GALIZA:

  • 16.15-16.50 h.: Informe de Xestión e Actividades. Informe de Socias.
  • 16.50-17.10 h.: Memoria económica e tesourería.
  • 17.10-17.30 h.: Elección da nova Xunta Directiva de Fiare Galiza. Sistema de admisión de socias desde os propios GITs.
  • 17.30-17.40 h.: Cese das persoas que ata o momento forman a Comisión de avaliación ético-social de Fiare Galiza (será substituída polas comisións de cada un dos dous GITs previamente elexidas). Proposta de candidatura para o Comité de Ética de Banca Popolare Etica.
  • 17.40-17.50 h.: Plan de actuación 2014 (prórroga do Orzamento 2014, fondo perdido…).
  • 17.50-18.10 h.: Situación da Fundación Fiare.

Consideramos que é imprescincible facilitar a asistencia de toda persoa socia polo que estará á vosa disposición un espazo para o coidado e atención de nenos e nenas. As persoas interesadas deberán facelo saber no correo electrónico persoassocias@fiaregz.com, antes do 12 de febreiro para facilitar a preparación.

Animámosvos a todas e a todos a participar e agradecemos ás socias e socios do Carballiño todo o tempo e esforzo adicados para organizar este evento. Graciñas pola vosa colaboración e unha aperta.

Xunta Directiva de Fiare Galiza, GIT Galiza Sur e GIT Galiza Norte.

cartaz-Fiare-Galiza-asembleas-feb2014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: