A economía solidaria organízase para transformar o Mercado

Lugar da noticia: Zaragoza

Firma_asociacion_redes_mercado_social_feb14O venres 14 de febreiro constituíuse en Zaragoza a Asociación de Redes de Mercado Social, que aglutina ás redes e entidades máis representativas da economía solidaria e consumo responsable do estado.

Tras varios anos de reflexión, debate, coñecemento mutuo e colaboración entre entidades que traballan polo consumo responsable e a economía solidaria no estado, o pasado venres 14 de febreiro constituíuse formalmente a Asociación de Redes de Mercado Social de ámbito estatal, como primeiro paso cara á constitución dunha Cooperativa de Servizos do Mercado Social.

As entidades promotoras constituíntes desta Asociación son REAS Red de Redes, Coop57 (Servizos financeiros éticos e solidarios), Fundación Fiare (Banca ética), Seguro ético e solidario CAES, Som Energia (cooperativa de enerxías renovables), Centro de Información e Investigación en Consumo (editores da revista Opcions), Ecologistas en Acción (300 grupos ecoloxistas confederados), Diagonal (periódico quincenal de actualidade crítica) e os mercados sociais de catro territorios representados por Aragón, Euskadi, Navarra e Madrid.Entre todas estas organizacións suman máis de 50.000 persoas socias, 10.000 traballadoras contratadas e máis de 1.500 entidades organizadas ao redor da economía solidaria.

Susana Ortega, do Mercado Social de Aragón destaca desta iniciativa que se pretende crear espazos de coordinación e cooperación entre redes e entidades que fomenten unha produción e un consumo xusto, ecolóxico, inclusivo, social e solidario e promover os instrumentos necesarios para desenvolver mercados sociais que poñan no centro das relacións económicas ás persoas e que fomenten prácticas máis xustas e democráticas, comprometidas coa contorna e baseadas na satisfacción de necesidades reais.”

Pola súa banda Fernando Sabín do Mercado Social de Madrid apunta a que “os diferentes mercados sociais conectados na Asociación funcionan como unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios” e engade que “está constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto a consumidores e consumidoras, individuais e colectivos.”

Asociacion Redes Mercado SocialSon varias as ferramentas que xa están en marcha de cara ao desenvolvemento da Asociación de Redes de Mercado Social, ferramentas como a certificación participativa, moedas complementarias, lugares de encontro entre consumidores e empresas, ademais de puntos de distribución e loxística alternativos. “Con estas ferramentas queremos entre todas, axudar a crear novas empresas, produtos ou ramas de actividade onde agora mesmo a economía solidaria non está presente, co obxectivo de cubrir unha parte significativa das nosas necesidades desconectando da economía capitalista tanto como sexa posible”, explica Clara Soler de Fiare.

O Mercado Social centralizarase no portal konsumoresponsable.coop, “como espazo de referencia que aúna información, formación, denuncia e un catálogo con produtos e servizos de economía solidaria de ámbito estatal e territorial onde proximamente poderá visualizarse dunha maneira integrada unha ampla e diversa oferta de produtos e servizos que fagan máis accesible e sinxelo exercer desde as empresas, a administración pública ou a cidadanía un consumo responsable e diferenciado en valores e principios ao da economía capitalista”, detalla Leire Álvarez de REAS Euskadi.

Para ampliar información: www.mercadosocial.net

Foto de cabeceira: As representantes das diferentes entidades posan tras firmar o acordo. (descarga de foto para publicar noutros medios, licencia libre).

Seguinte foto: Reunión da Asociación.

Fonte: Economía solidaria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: