Formación crítica e para a loita

SobA-numero-16Amigas, amigos,

O novo número da revista Soberanía Alimentaria xa está dispoñible. A versión en pdf podédela descargar aquí.

Neste número, entre outros temas, abórdase en profundidade un tema que consideramos de extrema importancia na loita pola soberanía alimentaria: a educación. A educación é un alicerce fundamental en calquera sociedade, un eixo central do desenvolvemento humano en todas as súas áreas, integrador e vínculo das persoas a unha sociedade e á súa contorna natural. E preguntámonos, que aprende a mocidade nas institucións de ensino superior? Saen coñecendo a súa contorna rural, os valores rurais, a realidade do campo ou os seus problemas? E coñecen as alternativas que emerxen das persoas que están a construír soberanía alimentaria nos nosos territorios? Algunhas respostas e reflexións sobre estes temas atoparédelos nos artigos deste número.

Destacar tamén que para a elaboración do mesmo contouse con moitas das entidades que teñen accións de formación ao redor de temáticas de soberanía alimentaria e agroecología. O que elas fan centralizámolo nunha web que pensamos pode ser de moita utilidade para todas aquelas persoas e organizacións que teñan interese en seguir de preto as súas propostas, os seus enfoques, as súas actividades. Convidámosvos, pois, a coñecela, completala e divulgala www.universidadesdelatierra.org

Fonte: revistasoberaniaalimentaria.wordpress.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: