A Deudocracia como Ameaza Global

PACD-informedeudocraciaO informe “La Deudocracia como Amenaza Global“,  elaborado por Iolanda Fresnillo, fálanos das causas, os actores responsables e as alternativas para a crise da débeda dos países empobrecidos. O informe fai un repaso histórico das crises da débeda no Sur e do estado da débeda a nivel global, analizando a situación nos países do Caribe como Antigua e Barbuda, Belize, St. Kitts e Nevis, Selecta e Xamaica, e estudando a influencia do FMI nas revolucións árabes en países como Exipto, Tunes, Libia, Alxer ou Bahrein, entre outros.

O documento tamén establece paralelismos entre as crises da débeda nos países empobrecidos e a actual crise da débeda en Europa. Así mesmo, establece vínculos entre os fondos voitre qua atacaron á débeda arxentina e a ameaza destes a Grecia; a situación dos países baixo as medidas de austeridade da Troika (Fondo Monetario Internacional, Comisión Europea e Banco Central Europeo) en Europa, que afectan especialmente a países como Grecia, Irlanda, Portugal, Hungría ou ao Estado español, e os Plans de Axuste Estrutural -PAE- que se aplicaban como receita neoliberal no Sur Global.

Finalmente, o informe preséntanos a resposta cidadá a modo de alternativa e de exercicio de democracia real: as Auditorías Cidadás da Débeda, con casos coñecidos como o de Ecuador, e doutras iniciativas en Bolivia, Nepal e Zimbabwe, ademais das europeas en Grecia, Portugal, Irlanda, Italia e no Estado español. O informe acaba precisamente facendo referencia á nosa Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda -PACD-.

[en català aquí]

Fonte: Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: