Outra forma de coidarse mutuamente

Xaneiro, 2014

O modelo cooperativo está a contribuír a proxectar outras formas de vivir a vellez. Por segundo ano consecutivo Fiare-Banca Popolare Etica está a apoiar a construción dun espazo residencial dun grupo de persoas en idade próxima á xubilación que escollen unha forma colectiva para nun futuro cubrir as posibles necesidades asistenciais.

O proxecto é un complexo residencial en Horcajo de Santiago, en Conca (Castela – A Mancha) liderado pola cooperativa Convivir. A iniciativa xorde dun grupo de persoas interesadas en pasar a etapa da vellez de forma activa, nun ambiente familiar e de convivencia, preventivo da dependencia e afastado da soidade non desexada.

Isto traducirase na construción dun conxunto residencial nunha parcela de 30.000 metros cadrados. O edificio, de dúas plantas, terá servizos centralizados de comedor, cociña, lavandaría, zona médica, enfermaría e de grandes dependentes, ximnasio, salas de actividades e reunións, biblioteca, barbaría e podoloxía, ademais dun xardín e de zona de hortos de lecer. O proxecto foi posible grazas ao empuxe da cooperativa Convivir e a colaboración da asociación Masunidos, Suara cooperativa e persoas a título particular.

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar un comentario