8 de marzo. Muller labrega: bica a terra e voa.

por Malu Egiluz para a revista Baserri Bizia

mullerNa vida sorprendéronme grandes mulleres pero as que me atopei pegadas á terra son as que máis me emocionan. Recordo ás aldeás do meu barrio -Josepa, Juli, Kasinta…- que exercían de amamas dando o sentir comunitario á aldea. Que tardes aquelas!! Sementando millo, pasando a trapa, empolvadas en terra á calor do sol… criándonos ao arrolo dos vellos contos e os talos recheos de mel.  Estas mulleres campesiñas regaláronme unha forma de construír o universo do que nunca máis me puiden desprender.

É verdade que de moza non o percibín claro. E é que unha cando é moi nova máis que atopar busca. E alí funme ao mundo a atopar. Cantei con violencia a Violeta Parra e lin con alivio á Beauvoir. Aprendín, tropecei e camiñei con e sen rumbo. Voaba pero non sabía aterrar. Viaxaba buscando algo que non souben até máis tarde o que era pero onde ía recollía sementes de cada lugar. Cando observaba ás indíxenas guatemaltecas de coloridos huipiles revolver a terra sempre volvía ao cheiro do principio… cando en San Cristóbal das Casas vinas armadas con aixadas… cando volvín a Arratia e atopei a terra daquelas mulleres abandonada. Sentín á muller terra.

Presentín o amencer da agricultura. Vin claramente o nacer dun espazo vital, libre e sincero. As mulleres, a terra e a soberanía alimentaria naceron para facer crecer a cosmogonía da madreteerra. Orixe da Vía Campesiña que me fixo gozar do ideario das labregas de todo o mundo.

Sen os bucolismos de postal onde o sistema nos quere ás mulleres campesiñas, miramos todo o máis profundo das nosas entrañas para transmitir que nos encanta o que facemos, que somos felices cos nosos allos porros, porcos e galiñas, que loitamos co feminismo para pasar de ser “obxectos” a “suxeitos” nun cambio radical nas formas de concibir a agricultura e o mundo

8marzoUn espazo social que non busca ao inimigo externo senón que o “inimigo” sitúao nas nosas propias iniciativas e formas de actuar. E agora que diferentes axentes sociais traballan nese acordo de mínimos ou de resistencia para desobedecer a este sistema inxusto cos Compromisos do bo vivir, eu comprométome coa terra -horta- coa miña Terra -Euskal Herria- e coa Terra -planeta.

Volvín ao meu espazo vital. Volvín para reciclarme, para saír dos complexos da sociedade de consumo. Para reivindicarme que son aldeá. Campesiña. Volvín cun neno en brazos, volvín gozar do río e do fino vento que chega de pena Lekanda, vento libre que pregoa este 8 de marzo que as mulleres campesiñas amamos a terra e voamos.

Fonte: Revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y culturas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: