Culminando o proceso de integración Fiare-BpE

Marzo, 2014

A última semana de marzo chega cargada de eventos e momentos especiais para a base social de Fiare. En primeiro lugar a celebración o vindeiro venres 28/03 do Consello da cooperativa Banca Popolare Etica (Banca Ética ou BpE) en Barcelona, un feito simbólico pero importante dado que pasamos a ser un proxecto de banca ética situado por agora en dous países europeos.

A mesma tarde do venres empezarán a chegar socios/as de todo o Estado co obxectivo de participar o día seguinte na Asemblea estatal de Fiare. Para quentar motores organizouse unha sesión aberta á cidadanía con diferentes membros do consello de administración e unha presentación de Fiare impulsada por algunhas das organizacións membros. Cada día son máis as persoas que se interesan en coñecer Fiare-Banca Ética, e por tanto o noso labor de difusión é constante.

O sábado 29/03 e por terceiro ano consecutivo organizamos un encontro estatal co fin de coñecer os últimos detalles do proceso de integración e empezamos a debater algúns dos novos retos desta etapa. Nesta Asemblea a base social poderá ratificar a candidatura da coordinadora do Comité de Ética de Fiare Cristina da Cruz ao Comité de Ética do conxunto da cooperativa que se elixirá na próxima Asemblea do 24 de maio en Nápoles.

Probablemente este ano daremos por terminada a nosa etapa como axentes de Banca Popolare Etica e Fiare será unha Área máis integrada neste proxecto europeo. A Asemblea poderase seguir por streaming e nos próximos días informaremos da dirección exacta.

Máis información e programa: Programa_Asamblea_2014

Programa_Asamblea_2014-IPrograma_Asamblea_2014-II

Fonte: www.proyectofiare.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: